31/07/2026
DÍA DO SOCIO, FESTA DO 50 ANIVERSARIO DA ASOCIACIÓN DE VECIÑOS
Bo día.
O sábado 29 de agosto, a partir das 19:00 h, imos celebra como se merece, o 50 aniversario da constitución oficial da Asociación de Veciños de San Miguel de Oia.
Estamos preparando unha gran festa con invitación especial para socios e socias, que en definitiva sodes os protagonistas e dades sentido a nosa entidade.
• Persoas socias: Poderedes recoller dende o 10 ata o 21 de agosto de 19:30h a 21:00h, as vosas invitacións nas oficinas do local social, dúas por socio gratis para a cea homenaxe.
• Persoas non socias: tamén poderán cear con nós, mercando o correspondente tícket na cantina dende o 10 ata o 21 de agosto. De tódolos xeitos, as persoas non socias, están invitadas a acudir libremente a desfrutas da música e do ambiente festivo, sen necesidade de tícket.
O feito de recoller con antelación as invitacións gratuítas ou mercar os tíckets, é para prever con tempo a loxística e os menús.
Toda a celebración incluída a cea homenaxe, está prevista na zoa do polideportivo exterior, agás plan B de mal tempo, que montaríamos todo o necesario nas estupendas instalacións interiores que temos.