Voluntariado Protección Civil de Galicia

Voluntariado Protección Civil de Galicia Página de encuentro de las Agrupaciones de Voluntarios de Protección Civil de Galicia

26/05/2019

Charo García Rúa, médica de la base de Conxo que más años lleva en el servicio de toda España, explica cómo es su día a día

Nuestro abrazo a los compañeros de Compostela y a la familia de Ruben. DEP
05/03/2019

Nuestro abrazo a los compañeros de Compostela y a la familia de Ruben. DEP

DECRETO QUE REGULA AS DISTINCIONS DE PROTECCION CIVIL DE GALICIA
05/03/2019

DECRETO QUE REGULA AS DISTINCIONS DE PROTECCION CIVIL DE GALICIA

DECRETO 19/2019, do 21 de febreiro, polo que se regulan as medallas ao mérito de protección civil de Galicia e outras condecoracións.

COMPARTIMOS PUBLICACIÓN DE voluntariado de Ourense
31/12/2018

COMPARTIMOS PUBLICACIÓN DE voluntariado de Ourense

Chegadas estas datas é o momento de facer un repaso de todas as actividades que durante este ano 2018 levou a cabo o O Voluntariado de Protección Civil en Ourense.
Comenzaremos facendo mención os mais de 100 operativos de Protección Civil, ca través do Servizo Provincial de Emerxencias, se levaron a cabo na provincia de Ourense. Estos operativos que engloban: probas deportivas tan destacadas como La Vuelta Ciclista a España (Etapa 11 Mombuey – Luintra), Rally de Ourense, Volta Ciclista a Galicia, probas do Campionato Galego de Trail, carreiras populares etc. Festas populares de renome como a Festa do Pulpo de Carballiño, a da Istoria de Ribadavia ou os carnavales de Xinzo e Verin etc., andainas etc etc. Exemplo moitos destes operativos de coordinación entre organismos (Guardia Civil, Cruz Vemerlla, 061 etc) e que teñen como finalidade a de garantir a protección e a seguridade dos mesmos. No seu conxunto mobilizaronse a mais de 1800 voluntarios durante este 2018. Sen a colaboración das AVPC e dos seus voluntarios isto non sería posible. Noraboa!

Outra labor destacada é a colaboración das agrupacións na “Educación Vial”. Niste 2018 levaronse a cabo as "Xornadas de Educación Vial", xunto co servizo de formación da DGT en Ourense, en mais de 17 centros escolares dos concellos de Cortegada, Baños de Molgas, Xunqueira de Ambía, Amoeiro, Castrelo do Miño, Maceda, Barbadás, Coles, Lobios, O Bolo, Manzaneda, A Gudiña, Salesianos (Ourense), Viana do Bolo, Vilariño do Conso e Sandiás. Chegándose coas mesmas a un total de 2195 nenos de idades comprendidas entre 4 e os 12 anos. Co obxetivo de inclurcar comportamentos e actitudes viais adecuadas xa dende ben pequenos, esta labor formativa vaise voltar a levar a cabo este 2019. Bo traballo!!

Non podemos esquecernos da labor de apoio que nas emerxencias leva tido o Voluntariado de Protección Civil este ano. Búsquedas de persoas desaparecidas (Paderne de Allariz, Esgos, Ourense etc etc..), colaboración xunto a Guardia Civil de Tráfico nos problemas cas nevaradas de xaneiro e marzo causaron na rede ecirculación viaria (A52, accesos a Estación de Montaña de Manzaneda etc). Facendo unha labor de apoio e en algunhas ocasións de auxilio os afectados polas mesmas. Asi como o apoio loxístico o SPDCIF durante esta campaña de incendios cun ano mais repetiamos con notable éxito (avituallamento, labores de nodriza...- constitución dos postos de mando avanzado). Un exemplo notable da labor altruísta e desinteresada do voluntariado.

Tampouco queremos esquecernos da participación do “Voluntariado de Protección Civil de Ourense” en Simulacros. Iste ano levamos a cabo exercicios de adestramento e posta en funcionamento de Plans de Protección Civil tan destacadas como a realización do: “Simulacro de Activación do Plan de Emerxencia da Presa do Bao (O Bolo)”, “Activación da Situación 2 por Incendio Forestal en Velle (Ourense) ou en Meixide (A Veiga). Estes exercicios permitiron a comprobación dos procedementos de activación, mobilización e constitución dos diferentes grupos operativos. Así como o adestramento e concienciación do persoal pertencente aos diferentes grupos operativos dos diferentes centros de coordinación, mando e control. Especialmente no referente a formación do PMA. E quizas o mais importante da realización dos mesmos a "Información a la poboación sobre as medidas de autoprotección a seguir en caso de emerxencia". Nesta labor de concienciación o voluntariado tivo un destacado papel.

A solidaridade cos mais defavorecidos tamén tivo oco dentro das actividades das AVPC. A "Campaña de Recollida de Alimentos" nos que un ano mais, mais de 30 AVPC colaboran co Banco de Alimentos é outra mostra mais da sensibilidade e cercanía a poboación do colectivo voluntario que ostenta a maior representatividade territorial nesta provincia.

No apartado de formación do voluntariado de protección civil. Indicar ca “Formación Descentralizada” se compuxo no primeiro semestre do 2018 das edicións de: Accidentes en Estrada en Concello de Ribadavia, 3 edicións do Curso Básico de Protección Civil en Carballino, Concello de Muíños, Concello de Ourense - oficial, 4 edicións da Formación en Desfribilación Semiautomática DESA en Manzaneda, Ourense con 2 edcións e Verín. Así como 2 edicións do Curso de Prevención e Loita contra Incendios Urbanos e Forestais en Mancomunidade Terra de Celanova e Xunqueira de Ambia . Pasado o verán e neste último trimestre do ano leváronse a cabo: 3 edicións do Curso Básico de Protección Civil en Ourense, A pobra de trives e Xinzo de Limia, 2 edicións do Curso de Prevención e Loita contra Incendios Urbanos e Forestais en Ourense e Pobra de Trives e o xa mencionado Curso de Accidentes en Estrada tamén no concello de Pobra de Trives e co que rematamos esta oferta formativa do 2018 Agradecer a colaboración prestada polos concellos sede para acoller esta formación. E sobre todos os responsables das AVPC de: Emerxencias Ribadavia, Avpc O Carballiño, AVPC Muiños, AVPC Concello de Ourense, Avpc Manzaneda, Agrupación de Voluntarios de Protección Civil do Concello de Verín, Avpc Mancomunidade Terra de Celanova, Avpc Xunqueira De Ambia, Protección Civil Pobra De Trives, Emerxencias Xinzo de Limia, AVPC Protección Civil A Rúa, Avoluntarios Proteccion Civil Mancomunidade do Ribeiro .Asi como o profesorado composto na súa maioria por profesionales do sector das emerxencias que tratan, como é a filosofía da AGASP, dar unha formación o mais práctica e didáctica posible. Sen a súa axuda, apoio e colaboración non sería posible levar a cabo unha oferta formativa que neste 2018 ofertou os voluntarios de protección civil de Ourense 432 prazas e 468 horas de formación nun total de 20 cursos de primeiro e segundo nivel. O vindeiro 2019 ampliaremos esta oferta formativa, con novos cursos centrados en problemas actuais cos co voluntario se ten que enfrontar a diario. Cursos como a Loita contra a Vespa Velutina, A Búsqueda de Persoas Desaparecidas etc etc.

E por último, non nos podemos esquecer da "Xornada de Convivencia de AVPC" que iste ano tivo lugar en Celanova e que congregou a mais de 50 AVPC e mais de 400 voluntarios de AVPC de toda Galicia. Foi un ano mais, sen dúbida, o principal acto de convivencia de voluntarios de protección civil que se organizou en Galicia durante iste ano 2018. Grazas a todos aqueles que colaboraron en tan complexa xornada especialmente a AVPC de Celanova e Jose Luis . Asi como a colaboración na organización de Bombeiros da Mancomunidade de Terras de Celanova, UME, GES Avión, Areocamaras, AVPC Verin, Allariz, Xinzo, Emerxencias Ribadavia etc etc

Nunha labor as veces oscura e pouco agradecida. Moitas Grazas polo voso “incansable” e altruísta traballo!!

FELÍZ 2019!!

Solidariedade
21/12/2018

Solidariedade

SIMULACROS
13/12/2018

SIMULACROS

XORNADA DE FORMACIÓN EN EDUCACIÓN VIAL.-
22/11/2018

XORNADA DE FORMACIÓN EN EDUCACIÓN VIAL.-

Interesante xornada organizada pô-la Agasp
14/11/2018

Interesante xornada organizada pô-la Agasp

Endereço

GALICIA
Encarnação

Website

Notificações

Seja o primeiro a receber as novidades e deixe-nos enviar-lhe um email quando Voluntariado Protección Civil de Galicia publica notícias e promoções. O seu endereço de email não será utilizado para qualquer outro propósito, e pode cancelar a subscrição a qualquer momento.

Entre Em Contato Com O Negócio

Envie uma mensagem para Voluntariado Protección Civil de Galicia:

Compartilhar