Atlas Enxeñería Agroforestal

Atlas Enxeñería Agroforestal Nuestro equipo lleva dos décadas dedicado al rural gallego

Inventario forestal con iPhone, mediante la aplicación ForestScanner
21/01/2024

Inventario forestal con iPhone, mediante la aplicación ForestScanner

En esta entrada hablaré de otra aplicación de la tecnología de LiDAR para la estimación de existencias madereras de una superficie forestal, situándome en un caso extremo (la cubicación de parcelas…

As desigualdades social e económica son o pan de cada día de cantos apostan por unha vida no rural. De aí que, cando a m...
19/01/2023

As desigualdades social e económica son o pan de cada día de cantos apostan por unha vida no rural. De aí que, cando a mocidade decide voltar ao campo, consideremos que estamos ante un feito noticiable. Pero, se á falta de servizos públicos e ás dificultades para poder levar ás nosas explotacións ou ás nosas iniciativas de emprendemento ao século XXI, lles sumamos a crítica constante da cidadanía (que cuestiona cada unha das nosas decisións e chama ao intervencionismo para impedir que as nosas propiedades sexan rendibles e, polo tanto, sostibles), temos o caldo de cultivo perfecto para o abandono do medio.

Para cantos pensan a curto prazo, contribuír á emigración ás urbes supón un aforro enorme para as arcas públicas, xa que as Administracións poderán pechar, sen que ninguén os bote en falta, todo tipo de servizos (e, con eles, infinidade de postos de traballo en toda a nosa xeografía).

Pero o prezo a pagar é moi alto:

📌 Dunha banda, temos a contaminación ambiental das urbes en crecemento; unha contaminación que, por certo, prexudicará a saúde da cidadanía e incrementará o gasto sanitario (sen que o imprescindible incremento orzamentario redunde positivamente na nosa saúde, que terá que conformarse con paliativos das nosas doenzas).

📌 Doutra, o abandono das prácticas silvícolas e o conseguinte aumento do combustible leñoso, que, como lamentablemente sabemos, pode derivar en incendios tan voraces que escapen a toda posibilidade de control.

Para evitar esto último, aqueles que nunca viviron da terra e descoñecen da súa continua esixencia, a solución é moi doada: regular e multar, para seguir engordando unhas arcas públicas que, malia o que creen, sempre estarán baixo mínimos, porque o recadado non só continuará a queimarse, senón que resultará insuficiente.

En calquera caso, os que nunca colleron un sacho buscarán culpables, sen chegar a comprender que son precisamente as políticas que defenden ("educar" mediante o castigo e non mirar máis aló do curto prazo) as que nos levan ao desastre.

Obvian que a única vía para combater a incidencia do lume é propiciar a vida no rural e o "laissez faire" de cantos aínda apostan por ela (os máis interesados, a fin de contas, na prevención). Pero, malia a evidencia, os que nunca rozaron o monte e queren axardinalo continuarán a poñerlles paus nas rodas e a cualificar, por exemplo, de "arboricidas" a cantos aposten por un uso racional, rendible e sostible dos nosos montes; e, por suposto, seguirán coa teima de intentar convencernos de que:

✔️ As multas constitúen unha medida preventiva axeitada
✔️ Unha poboación que leva toda a vida afogada debe ser obrigada a asumir os custos de axardinamento (e facelo coa periodicidade que quen os quere gobernar lles marque)
✔️ As prácticas de silvicultura responsable (aquelas que redundan na saúde do monte e nunha maior rendibilidade da masa forestal) afean ou mesmo prexudican os nosos espazos arborados
✔️ Un aproveitamento dos recursos é un atentado contra as especies autóctonas e contra a ecoloxía

Tal vez pensen, co artificioso da súa intelixencia, que se pode enganar ao lume con hologramas de avionetas descargando auga; ou ao estómago, con paisaxes pensados, unicamente, para os paseantes.

Neste artigo, José A. Reque Kilchenmann, da Universidad de Valladolid, explica as claves para a prevención racional dos lumes forestais; unhas claves que, como non podería ser doutro xeito, pasan porque, alomenos, cantos invisten no rural, poidan quedar a pre.

✍️ Se queres optimizar os teus labores silvícolas e mellorar o rendemento do teu monte, contacta con nós:

☎️ 679 506 972
💻 [email protected]

La “limpieza” de una hectárea de monte requiere, como mínimo, de cinco a diez jornales de trabajo. ¿Es factible financiar esta labor a nivel nacional con dinero público? ¿Qué otras alternativas existen?

23/12/2022
Malia que os oliveirais viron enormemente reducida a súa presenza en Galicia a partir da imposición de altos tributos a ...
18/08/2022

Malia que os oliveirais viron enormemente reducida a súa presenza en Galicia a partir da imposición de altos tributos a esta especie por parte dos Reis Católicos (que esixían o pago de catro reais por cada exemplar), no sur da provincia de Lugo, entre outros lugares, continuou a súa explotación e, hoxe, estase a recuperar o cultivo en distintas zonas de Galicia nas que o clima é propicio para certas variedades de oliveira.

É por iso que temos que coñecer as principais pragas que afectan a estas árbores: a Verticilose (provocada por un fungo) e a "Xylella fastidiosa" (ocasionada por unha bacteria que se transmite polo insecto "Philaenus spumarius" e que tamén é prexudicial para os cítricos, os amendoeiros, os carballos, os olmos e outras especies), que poden provocar que as árbores cheguen a secar.

Para evitar a propagación desta última, é esencial aplicar as medidas de control que apunta o Ministerio de Agricultura (https://www.mapa.gob.es/es/agricultura/temas/sanidad-vegetal/organismos-nocivos/xylella-fastidiosa/) e prestar atención aos avances que, no estudo da mesma, divulgue o Laboratorio de Sanidade Vexetal de Lugo, que é, na actualidade, o centro de referencia nacional para o programa de control oficial da produción primaria agrícola e que, entre outras actividades, está a traballar na detección da temida "Xylella fastidiosa".

https://www.lamoncloa.gob.es/serviciosdeprensa/notasprensa/agricultura/Paginas/2022/060722-laboratorio-nacional-sanidad-vegetal.aspx

miércoles, 6 de julio de 2022. El ministro de Agricultura, Pesca y Alimentación, Luis Planas, ha visitado en Lugo las instalaciones del centro, del que ha destacado que permitirá disponer de herramientas de diagnóstico de primer nivel y alcanzar estándares elevados en el control de la producci....

Activade o son!
08/05/2022

Activade o son!

A popularidade dunha nova depende, en boa medida, de se esta avala ou non as nosas crenzas. De aí, tal vez, que esta inf...
22/02/2022

A popularidade dunha nova depende, en boa medida, de se esta avala ou non as nosas crenzas. De aí, tal vez, que esta información practicamente non tivera eco.

A investigación partiu dun prexuizo popular, ao que se pensaba que os datos darían pábulo. Non obstante, como ben anticipaba a literatura científica preexistente ao respecto, a realidade desbaratou as crenzas e as conclusións tiraron por terra o bulo, demostrando que unha plantación intensiva de eucalipto non empobrece necesariamente o chan.

Se esto acontece, ten máis que ver coa xestión do solo que coa especie elexida, tal e como refrendan os estudos ao caso.

En canto á acidez do solo, algo usual en Galicia (e, por suposto, non achacable á plantación), a solución é química, e cómpre aplicala naqueles solos nos que se desexa corrixir. Polo tanto, ata o "pero" que se plantexa deixa de selo.

Non hai que esquencer, ademais, que as características da copa de eucalipto permiten o paso la luz cara os cultivos e que a retención de auga sexa ínfima, se se compara coa que se produciría noutro tipo de plantacións forestais. De aí que, seguramente, sexa posible continuar a experimentar e a obter resultados de crecemento aceptables con máis cultivos de regadío.

La Cátedra Hijos de Rivera-UDC, de la mano de la Fundación Galicia Sustentable, ha presentado los resultados...

En contra do que se podería pensar, se queremos ter bosques de frondosas, hai que deixar cortalas. O asfixiante interven...
12/02/2022

En contra do que se podería pensar, se queremos ter bosques de frondosas, hai que deixar cortalas. O asfixiante intervencionismo que se esixe e que acepta executar a administración é o maior inimigo da biodiversidade.

As especies de frondosas caducifolias, como o carballo, castaño, freixo ou bidueiro, teñen un criterio especial de protección para o seu aproveitamento madeireiro. O marco legal para aproveitamento madeireiro de frondosas esixe sempre tramitar unha autorización previa. “Para realizar unha cort...

05/01/2022

“A xente necesita beber leite. Vós producídela, contádeo, non teñades vergoña”, recomenda aos gandeiros José Miguel Mulet, catedrático de biotecnoloxía da Universidade Politécnica de Valencia e coñecido divulgador científico, que participou nas últimas Xornadas Técnicas de Vacún de...

Nestes tempos de ledicia compartida, o equipo de Atlas Enxeñería Agroforestal deséxavos unhas moi felices festas.A disfr...
22/12/2021

Nestes tempos de ledicia compartida, o equipo de Atlas Enxeñería Agroforestal deséxavos unhas moi felices festas.

A disfrutar! Pero, coma sempre, con sentidiño... 😉

🍾🥂

Despois da xeada... Novío, A Fonsagrada.
19/12/2021

Despois da xeada...

Novío, A Fonsagrada.

Blogue moi recomendable:
14/12/2021

Blogue moi recomendable:

Aquí encontrarás artículos de temática forestal, muy interesantes si eres estudiante de Ciclos Formativos de Forestales; Grado Superior o Medio.

Dirección

Estación De Autobuses De Viveiro
Vivero
27850

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Atlas Enxeñería Agroforestal publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contacto La Empresa

Enviar un mensaje a Atlas Enxeñería Agroforestal:

Compartir