09/09/2026
O Cns Vilagarcía destaca no Campionato de España celebrado en Razo
Razo acolleu recentemente o Campionato de España de Salvamento e Socorrismo, unha das citas máis importantes do calendario nacional, na que o Club Natación e Salvamento Vilagarcía estivo presente cunha ampla representación de deportistas nas categorías xuvenil/junior e absoluta.
Os deportistas do club realizaron unha gran competición, demostrando o seu nivel e o traballo realizado ao longo da tempada, con varios postos de honra e presenza nos podios das diferentes probas.
Na categoría xuvenil/junior, os resultados máis destacados foron:
- Tabla: Mariña, 9ª; Damián, 7º.
- Nadar: Mariña, 10ª; Anne, 11ª; Xoel, 7º; Naira, 6ª.
- Ocean: Mariña, 3ª; Naira, 14ª.
- Relevo de ski: equipo masculino, 10º; equipo feminino, 7º.
- Relevo de tabla feminino: 3º posto composto por Naira, Anne e Mariña
- Relevo Ocean masculino: 7º posto.
- Ocean mixto: 2º posto para Anne,Xoel, Mariña e Damián
- Rescate con tabla: equipo feminino, 6º; equipo masculino, 3º composto por Xoel e Damián
- Relevo de tubo: 5º posto para: Xoel, Marcos, Damián e Carlos.
Pola súa parte, na categoría absoluta, o club tamén conseguiu importantes resultados:
- Tabla: Damián, 16º.
- Nadar: Pedro, 4º; Yago, 5º.
- Relevo Ocean: 3º posto composto por Hugo, Pedro, Yago e Damián.
- Relevo ski: 9º posto.
- Rescate con tabla: 8º posto.
- Relevo de tubo: 6º posto.
Estes resultados reflicten o gran nivel competitivo dos deportistas do Club Natación e Salvamento Vilagarcía, que volveron demostrar que poden competir ao máximo nivel nacional.
Desde o club queremos felicitar a todos e todas as deportistas polo seu esforzo, compromiso e entrega durante toda a competición, así como aos adestradores e a todas as persoas que traballan e colaboran detrás do equipo, facendo posible que os nosos deportistas poidan seguir medrando e competindo ao máis alto nivel.
Un Campionato de España que deixa grandes resultados, aprendizaxes e, sobre todo, moito orgullo polo traballo realizado por toda a familia do Club Natación e Salvamento Vilagarcía.