Cooperativa SomosTerra

Cómo llegar Página web Contactar con la empresa

Cooperativa SomosTerra Cooperativa sen ánimo de lucro centrada en educar, sensibilizar e implicar aos diferentes axentes da sociedade para activar a sostibilidade no territorio!

Impulsamos a transformación socioecolóxica a través da innovación social e a Axenda 2030

💜💚 Desfrutando do camiño, pronto estreamos!!
21/10/2026

💜💚 Desfrutando do camiño, pronto estreamos!!

Celebramos o Magosto🍁 no noso proxecto No Eido!O sábado 10 de outubro ás 17:30 organizamos unha xornada con actividades ...
05/10/2026

Celebramos o Magosto🍁 no noso proxecto No Eido!

O sábado 10 de outubro ás 17:30 organizamos unha xornada con actividades 🌳 para dar a coñecer o noso proxecto, buscar novas persoas voluntarias🗣️ e festexar o outono🥳 con petiscos e castañas asadas. Todo de balde!

Queres coñecer o noso proxecto No Eido🌱?
Queres saber máis sobre o noso voluntariado?
ou simplemente queres comer unhas casañas🌰?
Ven este sábado🗓️ e coñece o noso Bosque comestible🫐🍊!

ℹ️ https://forms.gle/aWGeVqU1V1xfWYiu9

O mércores pasado organizamos a segunda edición do Coopera no Val cunha xuntanza na que invitamos a entidades sociais do...
04/10/2026

O mércores pasado organizamos a segunda edición do Coopera no Val cunha xuntanza na que invitamos a entidades sociais do Val Miñor e arredores para coñecernos, compartir experiencias e crear proxectos conxuntos. Contamos con Dámaris de A Casa das Redes para facilitar esta primeira xuntanza, que será a primeira de moitas!

Dende SomosTerra organizamos unha   de conexión entre os proxectos sociais do Val Miñor e a súa contorna.¿Formas parte d...
22/09/2026

Dende SomosTerra organizamos unha de conexión entre os proxectos sociais do Val Miñor e a súa contorna.
¿Formas parte dalgunha entidade ou proxecto social, cultural ou de medioambiente no Val Miñor e na súa contorna?

Participa na nosa xuntanza para tecer rede, coñecernos, conectar e crear novos proxectos.

💎Ademais contaremos coa dinamización de A Casa das Redes para levar a xornada!

🗓️Mércores 30 de setembro
🕣Ás 19:30
📍No auditorio municipal de Nigrán

ℹ️Inscricións: https://forms.gle/3DRbuTCa4ECBsJgo7
Deixamos ligazón nas historias

⚠️Este sábado día 5 setembro ás 11:00 💪organizamos xunto ao P I C N ! C  sesións de Saiáns e a escola Patos Surf Galicia...
01/09/2026

⚠️Este sábado día 5 setembro ás 11:00
💪organizamos xunto ao P I C N ! C sesións de Saiáns e a escola Patos Surf Galicia unha limpeza na praia de Portiño en Saiáns e na Praia de Prado.

📍Punto de encontro: Chiringo de Prado
NON é necesaria inscrición.
Recomendamos levar luvas.
Grazas‼️‼️




Seguimos coas labores de mantemento nas nosas leiras.O venres 28 de agosto ás 18:00 organizamos unha xornada de sementei...
25/08/2026

Seguimos coas labores de mantemento nas nosas leiras.

O venres 28 de agosto ás 18:00 organizamos unha xornada de sementeira e mantemento da nosa horta para limpar parte dos cultivos do verán e comezar coa horta de outono.

Ao rematar repartiremos a colleita entre todas as persoas asistentes 🍅🫛

Queres participar?
ℹ️ https://forms.gle/aWGeVqU1V1xfWYiu9](https://forms.gle/aWGeVqU1V1xfWYiu9

Esta fin de semana rematamos o primeiro Intercambio xuvenil KA1 organizado pola nosa cooperativa na nosa vila.A mocidade...
21/08/2026

Esta fin de semana rematamos o primeiro Intercambio xuvenil KA1 organizado pola nosa cooperativa na nosa vila.
A mocidade chegou o venres 7 con moitas ganas de aprender novas cousas. Estes días de mobilidade estivemos falando sobre xestión forestal nos diferentes países participantes (España, Portugal, Grecia, Italia e Hungría), visitamos diferentes montes e bosques da nosa contorna para ver e reflexionar sobre as diferentes metodoloxías de xestión.
Tamén analizamos os problemas derivados do sistema alimentario, coñencendo alternativas de produción coma os bosques comestibles. Por elo, tod@s xunt@s visitamos o noso proxecto No Eido para facer tarefas de mantemento da finca, rego, limpeza e bioconstrución.
Foi unha semana moi intensa, máis quedounos tempo para facer unha visita as Fragas do Eume e poder visualizar o eclipse total!
Para nós foi un placer vivir esta experiencia e agardamos poder repetila!
Se queres saber más sobre proxectos europeos:   Oportunidades para a mocidade - Cooperativa SomosTerra 

Este verán precisamos a vosa axuda no noso proxecto No Eido:🌱un bosque para a veciñanza! Co verán e o calor as plantas m...
12/07/2026

Este verán precisamos a vosa axuda no noso proxecto No Eido:🌱un bosque para a veciñanza! Co verán e o calor as plantas medran, máis non só as nosas froiteiras, por iso, organizamos unha actividade de eliminación de especies invasoras. e mantemento e limpeza da finca.

O *venres 17 de xullo ás 18:00* vémonos na nosa finca para presentar o proxecto, facer labores de mantemento e rematar a xornada cuns petiscos 🧀🥖🍉

Queres vir a axudarnos?
Inscríbete: https://forms.gle/VUxJbcu3XJEguWBE8

Reforesting TogetherUn Intercambio xuvenil para aprender métodos rexenerativos que nos axuden a afrontar os desafíos cli...
07/07/2026

Reforesting Together
Un Intercambio xuvenil para aprender métodos rexenerativos que nos axuden a afrontar os desafíos climáticos 🌱🌍
📍 En Vale da Guarda (Portugal) reuniremos 25 mozos 🥳🔥 (entre 25-30 anos) de 4 países europeos: Portugal, España, Alemania e Eslovenia para impulsar un cambio positivo na sociedade.
✈️Unha viaxe de inmersión de 13 días que explora a permacultura, a xestión da terra e a agroecoloxía.
💰Proxecto confinanciado pola Unión Europea,
aloxamento, viaxe e gastos incluída no proxecto.
🗓️17-29 de setembro de 2026

ℹ️https://drive.google.com/file/d/1TkIfuNKV4LtJqUOBg08hgxVBoT0NnoSF/view?usp=sharing
🔜 Inscricións: https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLScNYV98uuYNJBGYM2GSi-iW7hqhrh3aPjg2ZoklD0Qs7dOUWA/viewform






Dirección

Vigo

Notificaciones

Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando Cooperativa SomosTerra publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.

Contactar Con La Empresa

Enviar un mensaje a Cooperativa SomosTerra:

Atajos

Compartir

Servicios De Equipos cercanos