Combina Social

Combina Social Somos unha empresa social e transformamos desafíos en oportunidades. Servizos auxiliares.

Hoxe acudimos á xornada “A diversidade no emprego”, organizada polo Concello de Ames na Casa da Cultura do Milladoiro.É ...
22/05/2026

Hoxe acudimos á xornada “A diversidade no emprego”, organizada polo Concello de Ames na Casa da Cultura do Milladoiro.

É moi positivo que as administracións locais se impliquen na realización deste tipo de actos para sensibilizar o tecido empresarial sobre a necesidade de ser máis inclusivo na xeración de emprego. Agardamos que moitos concellos tomen exemplo.

📍 Nova parada, novo servizo!Esta semana comezamos nun concello moi ligado a unha das celebracións máis auténticas e repr...
07/05/2026

📍 Nova parada, novo servizo!

Esta semana comezamos nun concello moi ligado a unha das celebracións máis auténticas e representativas do Entroido galego. 🎭

Non imos dicir aínda onde é… pero seguro que moitas e moitos xa o estades pensando. 👀

Para nós, cada novo servizo é unha oportunidade para seguir creando emprego para persoas con discapacidade e demostrar que a inclusión tamén se constrúe no territorio, paso a paso.

Sabedes onde estamos? 💚

A túa empresa supera os 50 traballadores/as? Entón está dentro do marco de cumprimento da Lei Xeral de Discapacidade.Des...
28/04/2026

A túa empresa supera os 50 traballadores/as? Entón está dentro do marco de cumprimento da Lei Xeral de Discapacidade.

Desde COMBINA, como socios de CEGASAL, convidámoste a participar nunha sesión online o vindeiro 8 de maio ás 9:30 h, na que abordaremos cuestións clave para as empresas:

🔹 Medidas alternativas: opcións cando non é posible realizar contratación directa
🔹 Certificado de excepcionalidade: trámites administrativos necesarios

Será unha sesión práctica e útil para resolver dúbidas, coñecer mellor a normativa vixente e seguir avanzando en inclusión e responsabilidade social empresarial.

📅 8 de maio
🕘 9:30 h
💻 Formato online
✍️ Podes inscribirte aquí: https://forms.gle/qKCshEdobpuFXGUr9

Agardámoste!

✨ Esta semana participamos na xornada “Empresa con impacto: Inclusión que xera valor”, organizada por Nordés Club Empres...
10/04/2026

✨ Esta semana participamos na xornada “Empresa con impacto: Inclusión que xera valor”, organizada por Nordés Club Empresarial na Coruña.

Foi unha mañá moi enriquecedora na que compartimos reflexións, experiencias e exemplos reais sobre un tema clave: a colaboración entre empresa ordinaria e Centros Especiais de Emprego de iniciativa social como vía para crear máis oportunidades laborais para as persoas con discapacidade.

Durante a mesa redonda falouse de retos, de dificultades, pero tamén de solucións, acompañamento e posibilidades reais de colaboración 🤝

Seguimos convencidas e convencidos de que a inclusión laboral non só é necesaria, senón que tamén xera valor social, empresarial e humano 💚

Grazas a todas as persoas e entidades participantes por formar parte desta xornada tan inspiradora.

💚 A inclusión tamén constrúe empresas melloresO próximo 8 de abril participamos na xornada “Empresa con impacto: Inclusi...
01/04/2026

💚 A inclusión tamén constrúe empresas mellores

O próximo 8 de abril participamos na xornada “Empresa con impacto: Inclusión que xera valor” en A Coruña.

Un encontro para falar claro:
👉 Das dificultades reais das empresas para incorporar persoas con discapacidade
👉 Das solucións que xa están funcionando
👉 E de como colaborar cos Centros Especiais de Emprego pode marcar a diferenza

En COMBINA cremos nun modelo empresarial máis humano, máis sostible e con impacto real na sociedade 💪

📍 Nordés Club Empresarial
🕥 De 10:30 a 13:00

👉 Inscríbete a través do código QR do cartel

Vémonos alí! 😊

Hoxe vivimos a segunda xornada de   💼Un día cheo de encontros, colaboración e compromiso coa economía social 🤝No noso st...
26/03/2026

Hoxe vivimos a segunda xornada de 💼

Un día cheo de encontros, colaboración e compromiso coa economía social 🤝

No noso stand tivemos a sorte de compartir espazo con compañeiros e compañeiras de Dixardín, Coregal, e Grafinco, así como con representantes de Cogami Empresarial. Ademais, contamos coa visita de Herminio Martínez, presidente de Cegasal, e de Víctor Silva, conselleiro delegado do grupo empresarial Cogami, quen puxo en valor o papel dos Centros Especiais de Emprego e a importancia da colaboración dos concellos coa economía social 🌱

Seguimos sumando para construír un modelo máis inclusivo e sostible 💚

Traballas nun concello? Ven a visitarnos, descubrirás moitas novidades que che axudarán a mellorar a xestión municipal.
26/03/2026

Traballas nun concello? Ven a visitarnos, descubrirás moitas novidades que che axudarán a mellorar a xestión municipal.

13/03/2026
Hoxe, no Día da Muller 💜, queremos poñer en valor o papel fundamental das mulleres en COMBINA.Actualmente, o 52 % da nos...
08/03/2026

Hoxe, no Día da Muller 💜, queremos poñer en valor o papel fundamental das mulleres en COMBINA.
Actualmente, o 52 % da nosa plantilla son mulleres 👩‍🔧👩‍💼👩‍⚕️👷‍♀️
Un dato que reflicte o noso compromiso coa inserción laboral da muller, especialmente en sectores nos que aínda queda camiño por avanzar 🚀
Grazas a todas as mulleres que formades parte de COMBINA e facedes posible este proxecto cada día 🤍

06/03/2026

Dirección

Severino Riveiro Tome
Santiago De Compostela
15702

Horario de Apertura

Lunes 08:15 - 18:00
Martes 08:15 - 18:00
Miércoles 08:15 - 18:00
Jueves 08:15 - 18:00
Viernes 08:15 - 18:00

Teléfono

+34687035756

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Combina Social publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Compartir