Creativas Galegas

Cómo llegar Página web Contactar con la empresa

Creativas Galegas Súmate ó noso colectivo de e . Onde mercar marcas galegas nun mesmo espazo.

🍂📚 𝗢𝘂𝘁𝗼𝗻𝗼 𝗲𝗻 𝗚𝗮𝗹𝗶𝗰𝗶𝗮: 𝗮𝗿𝘁𝗲, 𝗹𝗶𝗯𝗿𝗼𝘀 𝗲 𝘃𝗼𝗹𝘁𝗮 𝗮𝗼 𝗰𝗼𝗹𝗲 📚🍂Coa chegada do outono e a volta ao cole, o escaparate transfórmase ...
14/10/2026

🍂📚 𝗢𝘂𝘁𝗼𝗻𝗼 𝗲𝗻 𝗚𝗮𝗹𝗶𝗰𝗶𝗮: 𝗮𝗿𝘁𝗲, 𝗹𝗶𝗯𝗿𝗼𝘀 𝗲 𝘃𝗼𝗹𝘁𝗮 𝗮𝗼 𝗰𝗼𝗹𝗲 📚🍂

Coa chegada do outono e a volta ao cole, o escaparate transfórmase nun espazo dedicado á cultura, á arte e ao pracer de aprender e descubrir.

📚 Os libros cobran protagonismo como portas abertas á imaxinación, ao coñecemento e ás historias que nos acompañan.

🎨 A arte e o deseño galego completan esta proposta, poñendo en valor pezas e creacións que nos lembran que aprender tamén é mirar, crear e deixar voar a imaxinación.

Un escaparate que celebra o comezo dun novo curso e o cambio de estación, mesturando libros, arte e deseño nunha composición pensada para transmitir esa sensación tan especial de volver á rutina, ás aulas e aos novos proxectos.

✨ A idea e o deseño deste escaparate foron creados por 𝗔𝗹𝗺𝘂𝗱𝗲𝗻𝗮, de Denadinteriores, e a súa execución contou coa colaboración de 𝗕𝗲𝗮, de Spacio B, facendo realidade unha proposta na que o outono, os libros e a arte son os grandes protagonistas.

📸 𝗙𝗼𝘁𝗼𝘀, 𝗰𝗮𝗿𝘁𝗲𝗹 𝗲 𝘁𝗲𝘅𝘁𝗼: 𝗔𝗺𝗼𝗿 ó 𝗧𝗲𝘂

13/10/2026

✨ Últimos días da exposición de Amor ó Teu en Creativas Galegas!

Un encontro entre o deseño propio e as colaboracións con artistas galegos, onde a serigrafía artesanal dá vida a pezas únicas cheas de creatividade, identidade e cultura galega. 💛

Deseños que contan historias, estampas feitas con mimo e unha maneira de entender a artesanía como expresión artística.

📍 Mercado Galego da Creatividade
📌 Caldeirería 36, Santiago de Compostela
🗓️ Ata este sábado, 17 de outubro!

Se aínda non visitaches a exposición, esta é a última oportunidade para descubrir de preto o universo creativo de Amor ó Teu. 🌿

Texto: Amor ó Teu

🌿 EL VIAJE DE LAS LOBASHai xoias que son moito máis ca un complemento: gardan historias, lugares e pequenos anacos da na...
07/10/2026

🌿 EL VIAJE DE LAS LOBAS

Hai xoias que son moito máis ca un complemento: gardan historias, lugares e pequenos anacos da natureza.

El Viaje de las Lobas, a marca creada por Cristina en 2018, nace da paixón por recoller tesouros naturais e transformalos artesanalmente en pezas únicas. Desde o seu obradoiro en Santiago de Compostela, traballa con pedras, follas e flores recollidas en diferentes puntos de Galicia, moitas delas ao longo do Camiño de Santiago, que conserva en eco-resina para que poidan acompañar novos camiños.

Cada peza fala de natureza, memoria e conexión. De levar connosco un pequeno recordo dun lugar e convertelo nunha xoia con significado. 🌸

Un proxecto artesanal, local e sostible que medra paso a paso, coma os propios camiños que o inspiran.

📸 Foto: María de Mistura
✍️ Texto: Sandra · Amor ó Teu

✨ Do taller ao Mercado Galego da Creatividade ✨Do 6 ao 17 de outubro, o Mercado Galego da Creatividade acolle unha expos...
05/10/2026

✨ Do taller ao Mercado Galego da Creatividade ✨

Do 6 ao 17 de outubro, o Mercado Galego da Creatividade acolle unha exposición de Amor ó Teu, o proxecto de Sandra de Rego, deseñadora e artesá especializada en estampaxe artesanal.

Nesta ocasión poderá descubrirse unha selección de pezas creadas e estampadas no seu propio taller: ☕ tazas e termos, 👕 camisetas e camisas e 🖼️ láminas estampadas e enmarcadas.

Cada peza nace do traballo artesanal e do coidado polos detalles, combinando deseños propios con colaboracións con artistas galegos. Unha proposta na que o deseño, a estampaxe e a identidade galega se encontran para dar lugar a pezas únicas e feitas con calma. 🌿

Unha oportunidade para coñecer máis de preto o universo de Amor ó Teu e descubrir como a tinta, o deseño e o traballo feito coas mans poden converterse en obxectos para desfrutar no día a día.

📍 Mercado Galego da Creatividade · Santiago
📅 Do 6 ao 17 de outubro

Cartel e texto: Amor ó Teu

💙 Agardámosvos no Mercado!

Un deseño que fala de nós, da nosa terra e do noso mar 💙Este pano de Sandra Parguiña reúne ilustración, memoria e refere...
30/09/2026

Un deseño que fala de nós, da nosa terra e do noso mar 💙

Este pano de Sandra Parguiña reúne ilustración, memoria e referencias á cultura galega nunha peza chea de personalidade. Unha desas creacións que, ademais de bonitas, teñen unha historia detrás.

Xa no Mercado Galego da Creatividade!

📷 Foto: Mistura
Texto: Sandra Amo ó Teu

28/09/2026

✨ Últimos días para visitar a exposición de Liralilas ✨

Se aínda non tiveches ocasión de coñecer esta proposta, esta é a túa última oportunidade! 💙

A exposición de Liralilas estará con nós só ata este sábado, así que se a tiña pendente… este é o momento de achegarte, descubrila con calma e g***r do seu traballo.

Unha desas visitas que paga a pena facer antes de que a exposición emprenda o seu camiño. 🌿

📅 Ata este sábado 3 de outubro
📍 Mercado Galego da Creatividade

Vémonos por aquí! ✨

Deseño do cartel e texto: Amor ó Teu

🧵 Sam Fall volve ao Mercado Galego da Creatividade!Hai regresos que nos fan especial ilusión. 💛Brígida, artesá do coiro ...
23/09/2026

🧵 Sam Fall volve ao Mercado Galego da Creatividade!

Hai regresos que nos fan especial ilusión. 💛

Brígida, artesá do coiro e creadora de Sam Fall, estivo varios anos compartindo o seu traballo con nós. Agora, tras unha longa viaxe, regresa á tenda para retomar a súa forma de vida e o oficio que tanto ama.

As súas pezas de coiro tradicional, feitas coas mans e con moito saber artesán, son unha homenaxe á beleza do sinxelo, ao coiro e aos oficios que forman parte da nosa cultura.

Que alegría volver terte aquí, Brígida! ✨

📍 Mercado Galego da Creatividade · Santiago

Foto: Mistura
Texto: ♥ amor o teu ♥

✨ 𝐕𝐈𝐈𝐈 𝐅𝐄𝐈𝐑𝐀 𝐃𝐄 𝐎𝐔𝐓𝐎𝐍𝐎 𝐃𝐀𝐒 𝐄𝐌𝐏𝐑𝐄𝐍𝐃𝐄𝐃𝐎𝐑𝐀𝐒 𝐃𝐄 𝐂𝐎𝐌𝐏𝐎𝐒𝐓𝐄𝐋𝐀 ✨Hai 𝟐𝟎 𝐚𝐧𝐨𝐬, a Universidade de Santiago de Compostela poñía en m...
22/09/2026

✨ 𝐕𝐈𝐈𝐈 𝐅𝐄𝐈𝐑𝐀 𝐃𝐄 𝐎𝐔𝐓𝐎𝐍𝐎 𝐃𝐀𝐒 𝐄𝐌𝐏𝐑𝐄𝐍𝐃𝐄𝐃𝐎𝐑𝐀𝐒 𝐃𝐄 𝐂𝐎𝐌𝐏𝐎𝐒𝐓𝐄𝐋𝐀 ✨

Hai 𝟐𝟎 𝐚𝐧𝐨𝐬, a Universidade de Santiago de Compostela poñía en marcha 𝐖𝐨𝐦𝐚𝐧 𝐄𝐦𝐩𝐫𝐞𝐧𝐝𝐞, un programa pioneiro que apostou por acompañar, asesorar e dar visibilidade ás mulleres que decidiron converter as súas ideas en proxectos empresariais.
Dúas décadas despois, centos de emprendedoras forman parte desta historia de 𝐜𝐫𝐞𝐚𝐭𝐢𝐯𝐢𝐝𝐚𝐝𝐞, 𝐢𝐧𝐧𝐨𝐯𝐚𝐜𝐢𝐨́𝐧, 𝐜𝐨𝐦𝐩𝐫𝐨𝐦𝐢𝐬𝐨 𝐞 𝐭𝐫𝐚𝐧𝐬𝐟𝐨𝐫𝐦𝐚𝐜𝐢𝐨́𝐧 𝐬𝐨𝐜𝐢𝐚𝐥.
Mulleres que emprenden en ámbitos tan diversos como a tecnoloxía, a cultura, a saúde, a artesanía, o deseño ou a economía social.

A 𝐕𝐈𝐈𝐈 𝐅𝐞𝐢𝐫𝐚 𝐝𝐞 𝐎𝐮𝐭𝐨𝐧𝐨 𝐝𝐚𝐬 𝐄𝐦𝐩𝐫𝐞𝐧𝐝𝐞𝐝𝐨𝐫𝐚𝐬 𝐝𝐞 𝐂𝐨𝐦𝐩𝐨𝐬𝐭𝐞𝐥𝐚 quere celebrar este camiño compartido, recoñecer ás mulleres que o fixeron posible e, sobre todo, 𝐬𝐞𝐠𝐮𝐢𝐫 𝐭𝐞𝐜𝐞𝐧𝐝𝐨 𝐫𝐞𝐝𝐞𝐬 entre emprendedoras, institucións e cidadanía.
Porque detrás de cada proxecto hai unha historia.
De esforzo. De ilusión. De aprendizaxe.
E tamén de moitas mulleres que se acompañan e medran xuntas. 💜

📅 𝟐𝟔 𝐝𝐞 𝐬𝐞𝐭𝐞𝐦𝐛𝐫𝐨
📍 𝐏𝐫𝐚𝐳𝐚 𝐝𝐚 𝐐𝐮𝐢𝐧𝐭𝐚𝐧𝐚 · 𝐒𝐚𝐧𝐭𝐢𝐚𝐠𝐨 𝐝𝐞 𝐂𝐨𝐦𝐩𝐨𝐬𝐭𝐞𝐥𝐚
🕙 𝐃𝐞 𝟏𝟎:𝟎𝟎 𝐚 𝟏𝟗:𝟎𝟎 𝐡

𝐅𝐞𝐢𝐫𝐚 𝐩𝐫𝐨𝐦𝐨𝐯𝐢𝐝𝐚 𝐩𝐨𝐫:
Concello de Santiago e Universidade de Santiago de Compostela

𝐀 𝐭𝐫𝐚𝐯𝐞́𝐬 𝐝𝐞:
· Woman Emprende · AVTE USC

E que atoparemos nesta edición? 👇
🛍️ 𝐅𝐞𝐢𝐫𝐚 𝐞𝐱𝐩𝐨𝐬𝐢𝐭𝐢𝐯𝐚
🎧 𝐃𝐉
🍽️ 𝐙𝐨𝐧𝐚 𝐆𝐚𝐬𝐭𝐫𝐨
💬 𝐌𝐞𝐬𝐚𝐬 𝐑𝐞𝐝𝐨𝐧𝐝𝐚𝐬
👐 𝐎𝐛𝐫𝐚𝐝𝐨𝐢𝐫𝐨𝐬 𝐠𝐫𝐚𝐭𝐮𝐢́𝐭𝐨𝐬

Unha xornada para coñecer proxectos, compartir experiencias, aprender, crear conexións e, sobre todo, celebrar 20 anos de emprendemento feminino.
𝐀𝐜𝐨𝐦𝐩𝐚́𝐧𝐝𝐚𝐬𝐧𝐨𝐬 𝐚 𝐜𝐞𝐥𝐞𝐛𝐫𝐚𝐫 𝐞𝐬𝐭𝐨𝐬 𝟐𝟎 𝐚𝐧𝐨𝐬 𝐝𝐞 𝐖𝐨𝐦𝐚𝐧 𝐄𝐦𝐩𝐫𝐞𝐧𝐝𝐞? 💜

Vémonos en Compostela! ✨

Cartel e texto: ♥ amor o teu ♥

✨ MONSTROS ✨Do 22 de setembro ao 3 de outubro, o Mercado Galego da Creatividade recibe a exposición Monstros, da artista...
21/09/2026

✨ MONSTROS ✨

Do 22 de setembro ao 3 de outubro, o Mercado Galego da Creatividade recibe a exposición Monstros, da artista cubana invitada, Lira Campoamor Sanchez, apaixonada pola arte do monicreque, a palabra e as artes visuais.

A través dunha serie de debuxos a grafito, Lira explora a fealdade e a monstrosidade como conceptos que forman parte da nosa historia e da nosa sociedade. Un universo de figuras inquietantes, nacidas do lapis e da imaxinación, que nos convida a mirar máis alá da súa aparencia.

A colección, composta por 30 debuxos realizados entre setembro de 2024 e xuño de 2025, inspírase nunha cita de Antonio Gramsci:

«O vello mundo está a morrer, o novo tarda en xurdir, e neste crepúsculo nacen os monstros».

Unha reflexión sobre os tempos de cambio, as preguntas que nos acompañan e aquilo que consideramos monstruoso. Porque ás veces, detrás dunha criatura estraña, agochase unha historia que merece ser contada.

Lira, formada en Dramaturxia e estudante de Belas Artes en Bélxica, leva a súa paixón polo teatro, a música e os monicreques ao debuxo, nun proceso creativo no que o lapis se converte en ferramenta de expresión e pensamento.

📍 Mercado Galego da Creatividade
📅 Do 22 de setembro ao 3 de outubro

Achegádevos a descubrir Monstros e deixádevos sorprender por este universo de grafito, imaxinación e preguntas. 🖤
Cartel e texto: ♥ amor o teu ♥

🖤 Un corazón con historiaEste colgante de Charria Ceramics é unha desas pezas que falan por si soas. Un corazón feito á ...
16/09/2026

🖤 Un corazón con historia

Este colgante de Charria Ceramics é unha desas pezas que falan por si soas. Un corazón feito á man, con personalidade e ese encanto especial das creacións artesás.

Cada peza de Conchi nace da súa paixón pola cerámica e do desexo de crear obxectos únicos, cheos de historia.

Porque levar algo feito a man tamén é levar un anaco de quen o creou. ✨

Descubre Charria Ceramics no Mercado Galego da Creatividade.

Foto: Mistura
Texto: ♥ amor o teu ♥

Dirección

Rúa Da Caldeirería, 36
Santiago De Compostela
15703

Horario de apertura

Lunes 10:30 - 20:30
Martes 10:30 - 20:30
Miércoles 10:30 - 20:30
Jueves 10:30 - 20:30
Viernes 10:30 - 20:30
Sábado 10:30 - 20:30
Domingo 10:30 - 20:30

Notificaciones

Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando Creativas Galegas publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.

Contactar Con La Empresa

Enviar un mensaje a Creativas Galegas:

Atajos

Compartir