27/06/2020
O SECTOR DO OCIO INFANTIL MORRE
COMUNICADO AEGOI
AEGOI, Asociación de Empresas Galegas de Ocio Infantil, expoñemos a situación na que nos atopamos tras unha PÉSIMA xestión da Xunta de Galicia marcada pola deixadez, incerteza, incoherencia e as desigualdades. Falamos de un sector que xenera emprego, paga altos impostos, e que no 2019, o INE (Instituto Nacional de Estadística) figuran 951 empresas no CNAE 9329 (actividades recreativas y de entretenimiento), cifrando en 301 os Centros de Ocio con local na nosa comunidade. A día de hoxe moitas destas empresas xa pecharon e outras o farán.
1.- ESTA É A NOSA SITUACIÓN DENDE O COMEZO DA PANDEMIA:
13 marzo: Sae publicado o DOG 50 bis, , no que se acorda declarar a emerxencia sanitaria de interés galego, e no punto séptimo acordase a suspensión da actividade dos Centros de Ocio Infantil.
14 marzo: O Goberno Español declara o estado de alarma no BOE número 67. Empeza o confinamento.
28 abril: O Goberno Central aproba o proceso para a transición a unha nova normalidade que publica as fases da desescalada en España no BOE 123 do 3 de maio; neste documento, os CENTROS DE OCIO non están incluídos en ningunha das fases.
25 maio: Galicia entra en fase dous e as escolas infantís poderían abrir, ainda que dende a Xunta de Galicia non se lle facilita o protocolo de apertura, catro días máis tarde, o Sr. Alberto Núñez Feijóo en comparecencia pública, comunica que por riscos para a saúde, e discrepancia entre os pediatras, as Escolas Infantís, Espazos Infantís e Ludotecas non abrirán ata SETEMBRO. Así, para evitar contaxios, anuncia un paquete de medidas de conciliación. (Anotamos que todos estos espazos dependen de Política Social, a nosa CNAE depende de Industria).
30 maio: O Goberno Central publica no BOE 153 a flexibilización de determinadas restriccións para a entrada na fase 3 a partir do 8 de xuño, permitindo a apertura dos nosos centros, e deriva ás competencias da nova normalidade ás Comunidades Autónomas
11 xuño: A Xunta de Galicia anuncia axudas a fondo perdido, para entidades privadas titulares de Ludotecas e Espazos Infantís para compensar o peche obrigado ata setembro por una cuantía de 800.000€ (Os Centros de Ocio a pesar de traballar nas mesmas condición e presentar os mesmos riscos de contaxio que as Ludotecas, quedamos excuídos das axudas; tamén o día 11 anuncia un bono coidado para domicilio, e así facilitar a conciliación familiar, cun orzamento de 13 millóns de euros, ambas axudas aparecen publicadas no DOG 114 bis do 12 de xuño.
Mentras tanto, os Concellos de toda a Comunidade empezan a ofertar actividades de verán para a infancia, dende os 3 anos. Así como todos os centros privados que teñen as portas abertas dende a 8 de xuño tales como, clubes deportivos, academias de baile, centros de ensinanza non reglada, e un largo etc.
13 de xuño: Galicia publica o DOG 115 no que se publican as medidas para entrar nunha nova normalidade a partires do 15 de xuño e, mantén o peche obrigado dos Centros de Ocio, sen determinar unha data de apertura nin expectativas da mesma (si se concretan datas de apertura a outros sectores como o ocio nocturno) tan só indica que realizarase unha revisión o 01 de xullo de esta situación, puidendo variar según os resultados dun estudio epidemiolóxico.
14 XUÑO: o Sr Alberto Núñez Feijoo en comparecencia pública explica que non abre os Centros de Ocio “pola característica propia do lugar” comunica o ALTO RISCO das actividades infantís en interior, estigmatizando ao noso sector e xenerando unha gran desconfianza. Anota, que dende hai semanas son os pediatras quenes o desaconsellan, a verdade, e que si dende hai semanas o desaconsellan, non entendo por qué non se cominucou antes, xa que dende o 8 de xuño os nosos centros podían según o BOE estar abertos.
A día de hoxe, tras casi CATRO MESES pechados e varias infructuosas reunións na Xunta de Galicia mostrando a nosa problemática aínda non sabemos nin cando poderemos abrir, nin as medidas que serán exixidas.
Permitir a nosa apertura o 1 de xullo, con fortes restriccións da nosa actividade e das estructuras empregadas para a mesma, sen ningún tipo de axuda económica que axude a paliar CATRO meses de gastos con 0 ingresos levará irremediablemente o peche definitivo de numerosos Centros de Ocio.
2.- A DÍA DE HOXE OS CENTROS DE OCIO INFANTIL NON ENTENDEMOS:
• Cómo se chega a unha “Nova normalidade” sen que TODOS OS SECTORES teñan definida a súa actividade?
• Se estamos xa na “Nova normalidade”, NON se nos permite abrir, NIN se nos presenta unha data fixa, NIN se nos presentan axudas… que están invitándonos a PECHAR??
Se non se permite a nosa apertura:
• Cómo non se nos citou o 29 de maio, cando se pechan as ludotecas e Espazos Infantís ata setembro? Que tiñamos que pensar nese momento? Deixadez? Esquecemento?
• Por que non se nos da respostas cando acudimos á Xunta CATRO VECES para poder planificar os nosos negocios? Por qué non recibimos NUNCA medidas concretas, sendo moitas delas contradictorias?
• Por qué non temos dereito a axudas como outros negocios de similar actividade e mesmos locáis?
• Cómo se lle presta axudas a empresas para cubrir gastos dende DENDE O 16 DE MARZO?? Non tivemos que pechar a maioría????
Se permiten a nosa apertura:
• Se o noso sector é de risco, os nosos nenos e nenas, as nosas traballadoras… SON MENOS IMPORTANTES que os usuarios/as e empregadas de outros sectores que SI teñen axudas traballando nas mesmas condicións?
• Por qué non deixaron facelo antes, como marcaba o BOE? Aínda estábamos a tempo de salvar o verán. Porque facer que acumulemos un mes máis de débedas? Non estaba Galicia adiantada ao resto de España?
• Cómo un estudo epidemiolóxico determinará a nosa apertura o 1 de xullo se o comezan ANTES da apertura de fronteiras e a movilidade entre comunidades??
• Se a situación permite a nosa apertura… non debería permitir a apertura das lLudotecas que presentan un ocio educativo baseado en obradoiros e xogo máis organizado?
• Cómo queren que nos reinventemos se aínda non sabemos cales serán as estructuras permitidas coas que poderemos traballar nos nosos negocios en Galicia?
• Cómo pretenden que adaptemos os nosos locáis a unha nova realidade tras catro meses sen ingresos pero si con gastos e unha incerta apertura o 1 de xullo?
• Por qué non temos os mesmos DEREITOS que os outros negocios que si puideron abrir antes, e non seguir acumulando débedas de alugueres , créditos, luz, seguros… ? Non é unha inxusta situación que espazos cómo as LUDOTECAS si as tivesen en conta?
• Aínda non se traballou con nenos/as en interior, aínda non se sabe cómo vai ser a volta ao cole, descoñécese como será a transmisión do virus pola forma de interactuar dos neno/as… Que nos usan como experimento?
• Os pequenos/as non son máquinas. Precisamos un tempo para adaptarnos e ir pouco a pouco. De que viviremos ata o momento?.
• Se a situación está controlada, hai actividades para nenos/as dende os tres anos… Para que invertir TRECE MILLÓNS DE EUROS en axuda a domicilio, máis o gasto das Galiñas Azúis pechadas??
• Cómo se pecha o 13 de marzo con 12 casos e se nos permite abrir en xullo con 300?
3.- Por todo o anteriormente exposto os Centros de Ocio:
• PEDIMOS COHERENCIA
AEGOI Se a situación require manter os negocios pechados, así seguirán, entendendo que todas as actividades lúdicas realizadas en interior serán pechadas. Se temos que abrir, teremos que abrir TODOS.
O VIRUS NON ENTENDE DE EPÍGRAFES
• PEDIMOS IGUALDADE
Temos os mesmos dereitos que Ludotecas e Espazos infantís, a dinámica do noso sector conleva máis risco que as súas actividades. Pagamos máis impostos e precisamos reestructurar os nosos negocios. Forzar unha apertura sen axudas para cubrir gastos é obrigarnos a un peche definitivo.
PORQUÉ AXUDAS A UNHAS EMPRESAS SI E OUTRAS NON?
• PEDIMOS RESPONSABILIDADE
Dende o 8 de xuño as nosas empresas poderían estar abertas, se a Xunta de Galicia decide manter o noso peche TERÁ QUE DARNOS SOLUCIÓNS. Polas súas decisións perdimos un mes de traballo, perdimos confianza dos clientes, e acumulamos un mes de gastos.
“O SECTOR DO OCIO INFANTIL MORRE, NON POLA COVID…
MÁTANOS A A MALA XESTIÓN DA XUNTA DE GALICIA”