CIM Pereiro de Aguiar

Cómo llegar Página web Contactar con la empresa

CIM Pereiro de Aguiar Servizo de titularidade municipal, de asesoramento xurídico, atención psicolóxica, e orientación

27/10/2026

VI CONCURSO DE DEBUXOS 25N

Dende o CIM do Pereiro de Aguiar impulsamos o VI Concurso de debuxos 25N para conmemorar o día internacional contra a violencia de xénero.

Este concurso ten como obxectivo promover entre o alumnado e a xente nova co concello o fomento da imaxinación, a creatividade e a observación a través dun
debuxo relacionado coa loita contra a violencia de xénero co propósito de previr, concienciar e sensibilizar da existencia desta lacra social e manifestar de forma activa e interxeneracional a repulsa contra toda manifestación de violencia de xénero.

A participación consistirá na elaboración dun debuxo, viñeta ou slogan que reflicta a repulsa contra todo tipo de manifestación de violencia de xénero.

Para participar no concurso consultar as bases publicadas na páxina web do Concello.

+ INFO: [email protected]; 699 583 252 – 988 032 554

📌 Este 8 de outubro, tivo lugar a reunión da X Mesa local de coordinación interinstitucional fronte a violencia de xéner...
08/10/2026

📌 Este 8 de outubro, tivo lugar a reunión da X Mesa local de coordinación interinstitucional fronte a violencia de xénero, que por quenda rotatoria se celebrou no concello de Nogueira de Ramuín.
📝 Esta reunión ten como finalidade mellorar a coordinación e atención integral ás vítimas e ás súas crianzas, así como potenciar e mellorar as actividades de prevención e sensibilización fronte á violencia de xénero.

🥋O 22 de maio tivo lugar a última sesión do obradoiro de defensa persoal feminina impartido por Cristy Tojo no Centro de...
25/05/2026

🥋O 22 de maio tivo lugar a última sesión do obradoiro de defensa persoal feminina impartido por Cristy Tojo no Centro de Actividades de Os Gozos.
📍As participantes puideron poñer en práctica determinadas ferramentas de autodefensa, ademáis de convertir a sesión nun lugar de encontro e apoio entre mulleres.
🫶Dende o CIM queremos agradecer a participación de todas e a boa acollida que tivo esta actividade.

A pasada semana Raquel Queizás levou o seu espectáculo "Travesías" ás crianzas do Colexio Guillelme Brown.Foi unha viaxe...
25/05/2026

A pasada semana Raquel Queizás levou o seu espectáculo "Travesías" ás crianzas do Colexio Guillelme Brown.
Foi unha viaxe chea de aventuras na que puidemos coñecer a nenas e mulleres bravas que loitaron contra os prexuízos para conseguir os seus soños.

🥋Este venres tivo lugar a primeira sesión do Obradoiro de defensa persoal feminina a cargo de Cristy Tojo no Centro de A...
11/05/2026

🥋Este venres tivo lugar a primeira sesión do Obradoiro de defensa persoal feminina a cargo de Cristy Tojo no Centro de Actividades de Os Gozos.
🫶Agradecemos a acollida e a participación das mulleres do noso concello nesta actividade.
⌛️O venres, 22 de maio, terá lugar a segunda sesión.

📌 Este venres 8 de maio, celebrouse no Concello do Pereiro de Aguiar a IX Mesa local de coordinación interinstitucional ...
08/05/2026

📌 Este venres 8 de maio, celebrouse no Concello do Pereiro de Aguiar a IX Mesa local de coordinación interinstitucional fronte a violencia de xénero, na que se contou coa presencia do alcalde do Pereiro, Luís Menor , a xefa da Unidade de Violencia sobre a Muller da Subdelegación do Goberno en Ourense, Alida Iglesias e das técnicas do CIM Padre Feijóo, dos servizos sociais comunitarios dos concellos adheridos, persoal dos centros educativos e de saúde, así como da garda civil.
📝 Esta reunión ten como finalidade mellorar a coordinación e atención o integral ás vítimas e ás súas crianzas, así como potenciar e mellorar as actividades de prevención e sensibilización fronte á violencia de xénero.

OBRADOIRO DE AUTODEFENSA FEMINISTA🥋 O CIM do Pereiro organiza unhas sesións de autodefensa feminista coas que se pretend...
21/04/2026

OBRADOIRO DE AUTODEFENSA FEMINISTA🥋

O CIM do Pereiro organiza unhas sesións de autodefensa feminista coas que se pretende que as mulleres do noso municipio aprendan técnicas de autoprotección e protocolos básicos para mellorar a seguridade e aumentar a autoestima e autoconfianza.

💪 Impartiranse por Cristy Shedimar Tojo, facilitadora de autodefensa feminista con case tres décadas de experiencia no mundo das artes marciais, tendo sido campioa de Europa de parakarate (2019) e contando con 19 medallas estatais en diferentes modalidades.

🏟️ O obradoiro terá lugar no centro de actividades de Os Gozos en dúas sesións, o venres 8 de maio e o venres 22 de maio en horario de 17:00 a 19:00 horas.

📌 A finalidade do curso é que a muller teña ferramentas suficientes para sentirse segura ante unha situación de risco en todos os ámbitos da súa vida.

☎️ As interesadas poderán inscribirse a partir de hoxe nas oficinas do CIM sitas no concello do Pereiro, chamando aos teléfonos: 699.583.252 / 988.032.554 ou enviando unha solicitude ao correo electrónico: [email protected] indicando: nome, apelidos, data de nacemento e teléfono/c-e de contacto.

📝Onte tivo lugar no Colexio Guillelme Brown o obradoiro de igualdade a cargo de Xosé Cabido e Priscila Retamozo coa fina...
15/04/2026

📝Onte tivo lugar no Colexio Guillelme Brown o obradoiro de igualdade a cargo de Xosé Cabido e Priscila Retamozo coa finalidade de promover a igualdade nunha sociedade libre de violencias.

📌 O BOE publica hoxe o Real Decreto polo que se inicia un proceso de regularización extraordinaria para persoas migrante...
15/04/2026

📌 O BOE publica hoxe o Real Decreto polo que se inicia un proceso de regularización extraordinaria para persoas migrantes.
📣 Dende o CIM préstase un servizo de información e asesoramento en materia de estranxeiría.

⚠️⚠️APRAZAMENTO ACTO 13 MARZO⚠️⚠️Debido ás condicións climatolóxicas APRAZAMOS a actividade prevista para hoxe 13 de mar...
13/03/2026

⚠️⚠️APRAZAMENTO ACTO 13 MARZO⚠️⚠️

Debido ás condicións climatolóxicas APRAZAMOS a actividade prevista para hoxe 13 de marzo ás 12.00 horas, no Parque da Igualdade (Cachamuíña)

Dirección

Orense
32710

Horario de apertura

Lunes 08:00 - 15:00
Martes 08:00 - 15:00
Miércoles 08:00 - 15:00
Jueves 08:00 - 15:00
16:00 - 18:30
Viernes 08:00 - 15:00

Notificaciones

Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando CIM Pereiro de Aguiar publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.

Contactar Con La Empresa

Enviar un mensaje a CIM Pereiro de Aguiar:

Atajos

Compartir

Servicios De Equipos cercanos