01/11/2024
Seguimos mirando cara arriba, temerosos de que a auga poida caer de novo sobre as nosas cabezas, sen ser conscientes de que onde debemos de mirar é ao chan: duro, pavimentado, desnaturalizado,…
Un chan que transformamos, facéndolle perder a súa capacidade de mitigar os efectos do cambio climático. Un chan drenante, con vexetación, que decidimos substituír por formigón armado.
Un chan, que volve a ser reclamado polos leitos dos ríos e a subida dos mares, devastando todo ao seu paso e avisando, unha vez máis, que a realidade cambiou, e que o ruído político recorrente debe transformarse XA en solucións inmediatas para uns períodos de retorno, e unha subida do nivel do mar, que debemos ter en conta e revisar.
Debemos repensar o territorio e lelo correctamente, porque se a toponimia fálanos de leito, rambla, barranco ou torrente,… e é moi probable que un día volva levar auga, aínda que hoxe non o fagan.
Que non pense ninguén que foi unha sorte. O novo cauce do río Turia, desviado da cidade tras a riada de 1957, evitou que a traxedia fora moito maior.
Valencia está establecida nunha chaira fluvial, con todo o que isto implica, sobre todo, que os ríos tenden a desbordarse en calquera momento. Iso non vai cambiar.
Así que, ou se fan obras de protección e proxectos estratéxicos, repensamos nosas vilas e cidades, e ampliamos nosas zonas verdes, ou nos expoñemos ao que acaba de ocorrer. Debemos previr estes accidentes, e que non queden no aire boas intencións por “falta de investimento” ou de “conciencia social”.
Soamente a natureza pode axudarnos e, por iso, non deixa de avisarnos.
*Fotos wikipedia, Newtral e Pinterest
**Texto inspirado por Iván Velasco. Xeógrafo