27/07/2026
𝐒𝐈𝐌𝐁𝐈𝐎𝐆𝐀𝐋 𝐢𝐧𝐢𝐜𝐢𝐚 𝐚 𝐬𝐮́𝐚 𝐩𝐫𝐢𝐦𝐞𝐢𝐫𝐚 𝐟𝐚𝐬𝐞: 𝐢𝐧𝐧𝐨𝐯𝐚𝐜𝐢𝐨́𝐧, 𝐛𝐢𝐨𝐞𝐜𝐨𝐧𝐨𝐦𝐢́𝐚 𝐞 𝐝𝐢𝐱𝐢𝐭𝐚𝐥𝐢𝐳𝐚𝐜𝐢𝐨́𝐧 𝐚𝐨 𝐬𝐞𝐫𝐯𝐢𝐳𝐨 𝐝𝐨 𝐬𝐞𝐜𝐭𝐨𝐫 𝐚𝐠𝐫𝐨𝐚𝐥𝐢𝐦𝐞𝐧𝐭𝐚𝐫𝐢𝐨 𝐠𝐚𝐥𝐞𝐠𝐨
Desde Infonova Soluciones Tecnológicas participamos en SIMBIOGAL, un proxecto colaborativo de I+D que busca valorizar diferentes fraccións da biomasa do castiñeiro para obter ingredientes bioactivos con potencial aplicación en novos alimentos funcionais.
O proxecto está desenvolvido por tres pemes galegas con capacidades complementarias:
- Boibel Forestal, especializada no castiñeiro e na preparación e valorización de biomasa de orixe forestal.
- Kalinka Lagazós, entidade coordinadora do proxecto e responsable da formulación, elaboración e validación dos prototipos agroalimentarios, entre eles a kombucha funcional.
- Infonova Soluciones Tecnológicas, responsable do desenvolvemento da plataforma dixital de rastrexabilidade, integración de datos e analítica intelixente.
SIMBIOGAL estudará a incorporación dos compostos obtidos en produtos piloto como kombucha, marmelada de arando e salsa de tomate negro, avaliando a súa estabilidade, seguridade, funcionalidade e características organolépticas.
A contribución de Infonova céntrase no desenvolvemento dunha plataforma dixital que permita integrar e organizar a información xerada nas distintas fases do proxecto: orixe dos lotes, procesado da biomasa, obtención dos extractos, elaboración dos prototipos e resultados dos ensaios.
Nesta primeira fase traballaremos na definición da arquitectura funcional, do modelo de datos e dos sistemas de rexistro que permitirán realizar un seguimento ordenado, seguro e verificable de todo o proceso.
Un proxecto que conecta innovación forestal, desenvolvemento agroalimentario e tecnoloxía para aproveitar recursos locais, xerar novo coñecemento e avanzar cara a modelos produtivos máis circulares e sostibles.
O proxecto SIMBIOGAL é beneficiario do Programa Nexos 2025 da Axencia Galega de Innovación —procedemento IN852A—. Subvencionado pola Axencia Galega de Innovación da Xunta de Galicia e cofinanciado pola Unión Europea no marco do Programa Galicia FEDER 2021-2027.