Músicas Ao Vivo

Músicas Ao Vivo Pretende ser un lugar onde todos os músicos/as teñan cabida e así posuír unha voz común deste colectivo.

Oficina sita no Centro de Negocios Porto do Molle - ZFV, na oficina 1.22 - Nigrán (Pontevedra)
Horario de atención ao público:
De Luns a Venres de 09:00 a 14:00h Músicas Ao Vivo nace no ano 2008 co obxectivo de agrupar e unificar as inquietudes dos músicos/as de directo, e como plataforma de intercambio de información e opinión. A filosofía desta asociación baséase en dignificar a música en directo e o traballo dos músicos/as que a levan a cabo.

Reunión do PROXECTO EUTERPE_ADN
19/12/2025

Reunión do PROXECTO EUTERPE_ADN

📌O vindeiro venres 12 de decembro terá lugar a derradeira Asemblea Xeral do ano 2025.Será ás 19:00h no Centro Sociocultu...
05/12/2025

📌O vindeiro venres 12 de decembro terá lugar a derradeira Asemblea Xeral do ano 2025.
Será ás 19:00h no Centro Sociocultural e Xuvenil O Ensanche de Santiago de Compostela. Manteremos o formato presencial e online.

Dende Músicos ao Vivo, S. Coop. Galega estamos encantadas de poder participar en este proxecto tan interesante!!
17/06/2025

Dende Músicos ao Vivo, S. Coop. Galega estamos encantadas de poder participar en este proxecto tan interesante!!

🎶✨ Orgullosxs de celebrar outro ano máis os  da Música Galega! ✨🎶Desde a directiva de MAV –  queremos compartir convosco...
02/06/2025

🎶✨ Orgullosxs de celebrar outro ano máis os da Música Galega! ✨🎶

Desde a directiva de MAV – queremos compartir convosco a nosa emoción por facer realidade, unha vez máis, esta gran festa que honra a nosa música.

Somos unha directiva pequena, formada por persoas voluntarias que traballan con paixón:
(presidenta)
(vicepresidente)
Castro (secretaria e tesoureira)
e vogais)

Nestes 3 anos conseguimos:
✅ Abrir os premios ao público
✅ Mellorar as votacións
✅ Actualizar as categorías
✅ E poñer en marcha proxectos con impacto social e cultural

Facémolo por e para a música galega 🎧❤️ Pero necesitamos o apoio de todxs vós para facer de MAV unha asociación máis forte, que represente e coide ao noso sector.

💬 Se es artista ou profesional da música en Galiza, únete a nós. A unión é o camiño. 💪







🖤Hoxe despedimos con fonda tristeza a Piti Sanz, músico comprometido, compañeiro xeneroso e parte esencial da historia m...
24/05/2025

🖤Hoxe despedimos con fonda tristeza a Piti Sanz, músico comprometido, compañeiro xeneroso e parte esencial da historia musical deste país.

Desde Músicas ao Vivo queremos agradecer o seu talento, a súa humanidade e o seu compromiso coa escena galega. A súa presenza seguirá viva en cada nota, en cada escenario, en cada lembranza compartida.

Mandamos unha forte aperta á súa familia, amizades e a toda a comunidade musical que hoxe o chora e celebra a súa vida.

Grazas por tanto, Piti.

Inscricións espectáculos Cultura no Camiño 2025, ata o 4 de marzo.Ata o 4 de marzo permanecerá aberto o prazo de inscric...
28/02/2025

Inscricións espectáculos Cultura no Camiño 2025, ata o 4 de marzo.

Ata o 4 de marzo permanecerá aberto o prazo de inscrición de espectáculos e/ou concertos para o programa Cultura no Camiño 2025 (CnC), unha programación cultural destinada aos concellos de Galicia polos que discorren os distintos Camiños de Santiago, que se desenvolverá entre o 15 de xuño e o 31 de agosto de 2025.

Poderán inscribirse espectáculos de teatro, danza, narración oral, novo circo, maxia e concertos de música de calquera modalidade, producidos e distribuídos por empresas dedicadas profesionalmente ás artes escénicas ou musicais con sede, domicilio social ou establecemento permanente na Comunidade Autónoma de Galicia (empresas galegas). Quedan excluídas desta convocatoria as asociacións culturais e restantes entidades sen fins de lucro.

As subvencións serán en réxime de concorrencia non competitiva e as cantidades máximas a percibir polos concellos participantes:
- 3.500 € para concellos de máis de 20.000 habitantes (40% do caché subvencionado)
- 2.500 € para concellos de menos de 20.000 habitantes (50% do caché subvencionado)

Isto supón o mantemento dos importes de axuda consignados en 2023 e 2024 (250.000 €).
As programacións dos concellos incluídas nesta convocatoria deberán conter como mínimo dúas actuacións e deberán ter presentes dúas das cinco disciplinas ofertadas.
https://acortar.link/Is1Lvy

18/02/2025

📣 Estamos de volta!
Comeza a 12ª edición dos Premios Martín Códax da Música, organizados por Músicas Ao Vivo para difundir a calidade e a diversidade da
📅 O vindeiro mércores 26 de febreiro terá lugar a presentación aos medios, na que desvelaremos as claves desta nova edición.
👉 Atentos e atentas ás nosas redes sociais (estamos en Instagram, Facebook e X)
🙌 Este certame é posible grazas ás entidades e empresas que o apoian:
▪ Bodegas Martín Códax
▪ Concello de Pontevedra
▪ Axencia Galega das Industrias Culturais da Xunta de Galicia
▪ Deputación Pontevedra
▪ Crtvg Galicia como medio de comunicación colaborador.
🎵 Que soe a música!

Residencias Artísticas Mariñán 2025. Inscricións ata o 14 de febreiro.No eido da música, seleccionaranse un máximo de 4 ...
13/02/2025

Residencias Artísticas Mariñán 2025. Inscricións ata o 14 de febreiro.
No eido da música, seleccionaranse un máximo de 4 proxectos.

As residencias inclúen a dotación material necesaria e espazos axeitados no Pazo de Mariñán para o desenvolvemento das propostas; manutención e aloxamento para as e os participantes, e acompañamento e seguimento do proxecto por parte da comisaria e do comisario co fin de facilitar a súa viabilidade. No caso das estadías de música, tamén formación específica para a profesionalización e a distribución das propostas, que farán persoas expertas convidadas; visitas e reunións de axentes culturais e programadores e programadoras, para apoiar a continuidade do traballo feito nas estadías dentro dos circuítos musicais; e financiamento das necesidades técnicas da creación: deseño escénico, de luces e de son ou o vestiario.

As Residencias desenvolveranse entre o 31 de marzo e o 11 de abril, e terán unha duración máxima de 6 días.
O prazo de tramitación de solicitudes estará aberto ata as 14:00 horas do día 14 de febreiro.
https://acortar.link/HhMZiO

O vindeiro venres 7 de febreiro terá lugar a primeira Asemblea Xeral do ano 2025.Farase en Santiago de Compostela, ás 19...
06/02/2025

O vindeiro venres 7 de febreiro terá lugar a primeira Asemblea Xeral do ano 2025.

Farase en Santiago de Compostela, ás 19:00h. Manteremos o formato presencial e online.

A directiva quere pulsar conxuntamente e de primeira man a visión sobre a situación actual do sector musical en Galicia; así como da situación da asociación e da cooperativa e do traballo que se leva desenvolvendo estes últimos meses. É por iso que pretendemos aumentar as vías de comunicación e a participación dos socios/as nas tomas de decisión futuras. Por suposto, haberá turno para rogos e preguntas dos asociados/as, o intercambio de pareceres e o debate.
https://acortar.link/Fwx4kL

Inscricións de espectáculos na Rede Cultural da Deputación da Coruña ata o 6 de febreiro.A Deputación da Coruña abre a c...
24/01/2025

Inscricións de espectáculos na Rede Cultural da Deputación da Coruña ata o 6 de febreiro.

A Deputación da Coruña abre a convocatoria da Rede Cultural 2025, que aposta pola "garantir unha oferta diversificada e de calidade en toda a provincia" co mesmo orzamento que os pasados 2023 e 2024 que ascende a 1.975.000 euros.
O período de realización de actuacións estenderase até o 31 de marzo de 2026, tal e como se fixo nas convocatorias anteriores.

Artistas, empresas e compañías teñen de prazo ata as 14 horas do 6 de febreiro para inscribir os seus espectáculos na nova edición da Rede Cultural. O prazo para que os concellos presenten ás súas solicitudes de actuacións estará aberto do 18 de marzo ao 1 de abril.
Aproveitamos para recordar que dende a cooperativa MÚSICOS AO VIVO S. COOP. GALEGA podemos facilitar a inscrición dos proxectos aos socios/as da mesma.
https://acortar.link/ytpwsc

Dirección

Centro De Negocios Porto Do Molle/oficina 1. 22
Nigrán
36350

Horario de Apertura

Lunes 09:00 - 14:00
Martes 09:00 - 14:00
Miércoles 09:00 - 14:00
Jueves 09:00 - 14:00
Viernes 09:00 - 14:00

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Músicas Ao Vivo publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Compartir