02/05/2026
Miguel Arca Bello "O primeiro adestrador do GES de Muros."
E moitas veces mestre na AGASP (Academia Galega de Seguridad pública da Estrada.)
Despois de case trinta anos como bombeiro, os primeiros cinco en Silleda e o resto en Santiago, Miguel Ángel Arca Bello foi despedido con honras no parque compostelán, entre sirenas, aplausos, apertas, refachos de lume e chorros de auga. Así lle demostraron os seus compañeiros o cariño que lle teñen a quen ata agora exerceu como xefe de dotación.
O martes pola noite, ao remate da súa última quenda, marchou co corazón un pouco encollido e empapado de emotividade dun recinto que foi para el moito máis ca un lugar de traballo, onde pasou moitas noites, cociñou innumerables paellas, compartiu adestramentos, prácticas, anécdotas e confidencias cos seus colegas de profesión, ademais dos apuros para saír a un rescate, a posterior celebración dos que remataron cun final feliz, ou o pesar colectivo cando non puideron facer máis por salvar unha vida.
Este querido cabo y jefe de dotación de 61 años recibió una emocionante sorpresa al final del turno