GEO Galicia Eventos e Ocio

GEO Galicia Eventos e Ocio Adicados a actividades de tempo libre, tamén no medio rural e xestión de actividades Deportivas.

En GEO adicámonos o deseño organización e xestión de actividades de lecer. Campamentos , actividades extraescolares , roteiros guiados, acompañamento en excursións .Pide sen compromiso o teu asesoramento, e con moito gusto che facilitaremos toda a información que precises.

🌿👣 Os días 9 e 10 de abril vivimos unha experiencia moi especial co alumnado de 4º de Primaria do CEIP de Ventín de Ames...
13/04/2026

🌿👣 Os días 9 e 10 de abril vivimos unha experiencia moi especial co alumnado de 4º de Primaria do CEIP de Ventín de Ames, participando na Ruta dos 3 Pazos, unha actividade realizada para dar a coñecer e promocionar o labor de GDR Terras de Compostela.

Nesta ocasión, adaptamos o roteiro ás nenas e nenos nun fermoso percorrido polo paseo do río Barcala, en Negreira, desde o Pazo de Cotón ata o Refuxio de Pescadores de Covas. 💧🌳

Ao longo desta ruta interpretada, o alumnado puido descubrir a historia, a cultura e a natureza deste espazo, aprendendo tamén sobre o uso tradicional das árbores, así como as súas características e propiedades.

Para rematar a actividade, realizaron un fermoso obradoiro de estampación de camisetas empregando as follas recollidas durante o paseo, convertendo a natureza en creatividade e lembranzas para levar a casa. 🍃👕✨

Dous días de aprendizaxe, descubrimento e diversión ao aire libre, conectando co noso patrimonio natural e cultural dunha maneira dinámica e participativa.

8M | Día Internacional da Muller 💜Hoxe vivimos unha fermosa andaina no concello de Touro, descubrindo e poñendo en valor...
08/03/2026

8M | Día Internacional da Muller 💜

Hoxe vivimos unha fermosa andaina no concello de Touro, descubrindo e poñendo en valor a riqueza da súa zona rural e a espectacular natureza da ribeira do Ulla 🌿

Arredor de cen persoas dos concellos de , e percorreron máis de 15 quilómetros nunha xornada de convivencia, reivindicación e homenaxe, para destacar a importancia da muller rural galega ao longo da historia 👣 Un papel que, a pesar de tantas veces quedar invisibilizado, foi e segue a ser fundamental para a nosa sociedade.

Durante a ruta realizáronse ximcanas e xogos, enchendo o percorrido de participación, alegría e reflexión 😊 A xornada rematou cunha emotiva representación homenaxe que puxo en valor a vida, o esforzo e o legado de todas esas mulleres que sostiveron e seguen sostendo o noso rural 🌸

Porque sen elas non se entende a nosa historia, nin o presente, nin o futuro ✨

🧭⛺️ Curso de Monitores de Miño · 3ª Edición (na recta final!)A 3ª edición do Curso de Monitores de Miño, que comezou o 2...
22/02/2026

🧭⛺️ Curso de Monitores de Miño · 3ª Edición (na recta final!)

A 3ª edición do Curso de Monitores de Miño, que comezou o 29 de novembro de 2025, está a piques de rematar… e facémolo por todo o alto co módulo de aire libre e campismo 🌲🔥

Estes días están a ser moito máis ca formación: unha auténtica xornada de convivencia na que se pon en valor a camaradería, o traballo en equipo e a unión entre quen pronto será futura monitorado 🤝💚

Ademais de programar actividades que destacan e aproveitan os recursos locais de Miño, o grupo tamén se organiza para asumir tarefas clave do día a día:
🍽️ manutención
🧹 mantemento do local
🏕️ coidado do espazo de acampada

Porque ser monitor/a non é só dirixir actividades… é facer equipo, coidar, colaborar e aprender a sumar en cada detalle.

✨ Últimos días para pechar unha etapa que deixa pegada!

♻️ Pequenos xestos, grandes cambios 🌱Comezar o ano de xeito sostible consiste no mesmo que o resto do ano:🌿 Reducir plás...
28/01/2026

♻️ Pequenos xestos, grandes cambios 🌱

Comezar o ano de xeito sostible consiste no mesmo que o resto do ano:
🌿 Reducir plásticos dun só uso.
🥕 Consumir máis produto local.
🚶‍♂️ Moverse máis a pé ou en bici.
🌼 Plantar algo na casa ou no cole.
🗑️ Separar os residuos con máis precisión.

Son pasos pequenos, pero cando se fan en equipo… O planeta nótao! Apúntaste?

24/01/2026

🌑✨ Eclipse solar | 12 de agosto ✨🌑
Este verán, o ceo agasállanos cun momento único… e na Reserva da Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo será moito máis ca un fenómeno astronómico.

🌿 Unha oportunidade para poñer en valor o territorio
O eclipse é o mellor pretexto para mirar cara arriba (sempre con seguridade)… e tamén para mirar arredor: paisaxes, patrimonio, biodiversidade e comunidades locais que fan deste lugar un destino perfecto para o ecoturismo e o turismo responsable.

🔭 En Galicia Eventos e Ocio convertémolo nunha experiencia durante todo o ano
Non quedamos nun “día”: ao longo do ano levaremos a cabo actividades educativas e de divulgación para comprender o eclipse, gozalo con seguridade e conectar ciencia e natureza:
✅ obradoiros e charlas divulgativas
✅ propostas educativas para centros educativos , concellos e institucións
✅ actividades no territorio e roteiros interpretados
✅ observación e cultura científica

🌍 Xa o estamos impulsando
O noso compañeiro José Romero .r.paradela estivo en FITUR poñendo en valor este evento e o potencial do ecoturismo ligado a experiencias que respectan e dinamizan o territorio.

📩 Gustaríache participar, colaborar ou traer levar a experiencia o teu concello/centro educativo? Escríbenos e contámosche o programa.

🌿A natureza sempre deixa pistas, só hai que aprender a observalas para identifical.Observar árbores no inverno é un xogo...
20/01/2026

🌿A natureza sempre deixa pistas, só hai que aprender a observalas para identifical.

Observar árbores no inverno é un xogo perfecto para peques curiosos 🌲🌳🌲 Unha aventura que esperta a atención e o amor pola natureza en calquera estación.

🌍 O vento e a choiva contan historias, e a pedra lembraas todas.Montes redondeados, vales profundos, covas sorprendentes...
15/01/2026

🌍 O vento e a choiva contan historias, e a pedra lembraas todas.
Montes redondeados, vales profundos, covas sorprendentes... Galicia é un libro aberto escrito pola forza da auga, do vento e do paso dos séculos. A erosión corta, p**e e transforma a terra, creando as formas que hoxe vemos nas rutas e montes que exploramos durante as nosas actividades ao aire libre.

📕 Ensinarlle isto a persoas de tódalas idades é axudarlles a entender que a paisaxe non é fixa: cambia, evoluciona e fala do tempo que pasou antes ca nós.

🍂 A ausencia de follas propicia un escenario perfecto para observar aves que adoitan pasar desapercibidas 🐦Paporrubios, ...
07/01/2026

🍂 A ausencia de follas propicia un escenario perfecto para observar aves que adoitan pasar desapercibidas 🐦

Paporrubios, merlos e mesmo pequenas bandadas de ferreiriños achéganse máis ás zonas abertas en busca de alimento.

É un momento ideal para que os peques aprendan a identificar especies 🔎

A natureza nunca para, igual que nós!

🌟 Sorrisos que quentan o inverno!Estas últimas semanas o seguimos pasando coma ninguén, tanto que casi esquecémonos do f...
03/01/2026

🌟 Sorrisos que quentan o inverno!
Estas últimas semanas o seguimos pasando coma ninguén, tanto que casi esquecémonos do frío 😅

Grazas a todas as familias por facer de cada actividade unha experiencia inesquecible, tanto para os seus nenos como para nós!

✨ Novo ano, novas aventuras por diante! 🌿En 2026 seguiremos explorando, aprendendo e gozando coa mesma ilusión de sempre...
31/12/2025

✨ Novo ano, novas aventuras por diante! 🌿

En 2026 seguiremos explorando, aprendendo e gozando coa mesma ilusión de sempre.
Grazas por acompañarnos neste camiño e por formar parte da familia GEO.

🥂 Que o novo ano chegue cargado de natureza, alegría e moitas historias por descubrir!

Grazas por tanto. 💚Esta imaxe resume o que foi 2025 para Galicia Eventos e Ocio: persoas, equipo, compromiso e moitas ga...
31/12/2025

Grazas por tanto. 💚

Esta imaxe resume o que foi 2025 para Galicia Eventos e Ocio: persoas, equipo, compromiso e moitas ganas de facer as cousas ben. Detrás de cada campamento, cada extraescolar, cada evento e cada actividade para maiores hai horas de traballo, ilusión e un grupo humano que dá sempre o mellor de si.

Sentímonos orgullosos e agradecidos polo labor dos nosos monitores e monitoras, e tamén pola confianza de todas as familias,administracions, clientes e participantes que pasastes polas nosas actividades ao longo do ano. Vós sodes o motor de todo isto.

✨ Feliz 2026 para o noso equipo, para os nosos clientes e para todas as persoas que forman parte do noso camiño. Que veña cheo de saúde, ilusión e moitos momentos compartidos. ✨

🎅❤️ A maxia do Nadal faise realidade cando máis se precisa…O pasado 24 de decembro, Papá Noel fixo a súa primeira parada...
29/12/2025

🎅❤️ A maxia do Nadal faise realidade cando máis se precisa…

O pasado 24 de decembro, Papá Noel fixo a súa primeira parada no Hospital Materno da Coruña, levando ilusión, sorrisos e moitos agasallos aos nenos e nenas que están a pasar estas datas tan especiais desde o hospital. ✨🎁

En Galicia Eventos e Ocio sentímonos moi orgullosos de apoiar esta acción tan especial da man de , a Asociación de Cancro Infantil e Xuvenil de Galicia, para que a esperanza, o cariño e a alegría cheguen a cada pequeno e pequena. 💖

Porque o verdadeiro Nadal non está só nos agasallos…
Está nos momentos compartidos, nas sorrisas sinceras e no corazón que poñemos en cada xesto.

🎄 Grazas a todas as persoas que o fixeron posible e, moi especialmente, a quen traballa cada día para que a ilusión nunca falte.

MaxiaDoNadal Galicia

Dirección

Ponte Do Porco
Miño

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando GEO Galicia Eventos e Ocio publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contacto La Empresa

Enviar un mensaje a GEO Galicia Eventos e Ocio:

Compartir