Coprodega

Coprodega Colexio Oficial de Protésicos Dentais de Galicia

01/04/2026

Hoy compartimos una formación avanzada dirigida a odontólogos y fisioterapeutas/osteópatas interesados en entender el cuerpo de forma global. Este curso profundiza en la conexión entre el sistema cervical, la articulación temporomandibular (ATM) y la oclusión dental, enseñando a diagnosticar y tratar de manera integral los desequilibrios que pueden provocar dolor cervical, cefaleas o molestias faciales. Basado en el concepto de estabilidad tricéntrica (occipital, temporal y oclusal), ofrece una visión tridimensional que une función, anatomía y estética para lograr rehabilitaciones estables y coherentes con la biología del paciente.

Curso Bimodular Prof. Dr. Rocabado & Dra. Provedo
Madrid | Hotel Elba Madrid Alcalá
Dos módulos / 5 días x 2
13 - 17 Mayo
21 - 25 Septiembre
Teórico-práctico 80 h

Información y reservas: [email protected] Provedo Formación

Convidámoste a seguir crecendo e actualizándote con contido de alto nivel xunto ao T.P.D. José Mª Fonollosa e a súa form...
24/03/2026

Convidámoste a seguir crecendo e actualizándote con contido de alto nivel xunto ao T.P.D. José Mª Fonollosa e a súa formación “Tecnologías aditivas y sustractivas para la fabricación de prótesis completas digitales. Análisis comparativo a 2026”.

Conéctate ao directo, hoxe martes 24 de marzo de 2026, a partir das 18:00 h: https://youtube.com/live/IBTa1qyRvZI?feature=share

Muchos compañero/as Técnicos/as Dentales hispanoamericanos celebran hoy su día y desde COPRODEGA los felicitamos por su ...
24/03/2026

Muchos compañero/as Técnicos/as Dentales hispanoamericanos celebran hoy su día y desde COPRODEGA los felicitamos por su aportación constante al desarrollo de la profesión, su compromiso con la salud bucodental y la excelencia en cada trabajo realizado.

¡Gracias por seguir construyendo sonrisas con tanto talento y dedicación!

***

Moitos/as compañeiros/as Técnicos/as Dentais hispanoamericanos celebran hoxe o seu día e desde COPRODEGA queremos felicitalos pola súa achega constante ao desenvolvemento da profesión, o seu compromiso coa saúde bucodental e a excelencia en cada traballo realizado.

Grazas por seguir construíndo sorrisos con tanto talento e dedicación!

Un día clave para concienciar sobre a importancia da hixiene bucal e as revisións periódicas, fundamentais na prevención...
20/03/2026

Un día clave para concienciar sobre a importancia da hixiene bucal e as revisións periódicas, fundamentais na prevención de enfermidades bucodentais e para garantir unha boa saúde xeral.

Como protésicos/as, contribuímos cada día —co noso labor especializado— a restaurar a función masticatoria, a fala, a estética facial e a estrutura ósea. Así, melloramos de xeito directo a calidade de vida e a autoestima das persoas.

En San Xosé, unha aperta especial para todos os nosos protésicos que hoxe están de celebración, xa sexa polo seu nome… o...
19/03/2026

En San Xosé, unha aperta especial para todos os nosos protésicos que hoxe están de celebración, xa sexa polo seu nome… ou polo seu papel como pais!

Grazas por facer sorrir cada día e polo voso compromiso dentro e fóra do laboratorio.

Hoxe conmemoramos a Lei 10/1986, que regula dende hai 40 anos a nosa profesión. No noso día, e sempre, recoñecemos e rei...
17/03/2026

Hoxe conmemoramos a Lei 10/1986, que regula dende hai 40 anos a nosa profesión. No noso día, e sempre, recoñecemos e reivindicamos a labor inestimable dos protésicos e das protésicas dentais.

D. Avelino J. Sanmartín e D.ª Alicia Rodríguez, presidente e tesoureira do Colexio, asistiron o pasado sábado ao I Simpo...
17/03/2026

D. Avelino J. Sanmartín e D.ª Alicia Rodríguez, presidente e tesoureira do Colexio, asistiron o pasado sábado ao I Simposio Pericial de Unión Profesional de Galicia sobre peritaxes, celebrado nas instalacións de UPdeG no Campus Universitario de Santiago de Compostela. Un encontro decisivo, que marca o inicio dunha nova etapa e demostra o valor de formar parte do Rexistro de peritos protésicos de COPRODEGA.

Se estás interesado en facerte perito para poder realizar informes retribuídos ante os Xulgados e Tribunais ou calquera outra administración que o requira, presenta a túa solicitude no Colexio.

Hoxe a nosa profesión estivo presente na presentación da nova "Guía de Peritos Xudiciais, Mediadores e Expertos Independ...
12/03/2026

Hoxe a nosa profesión estivo presente na presentación da nova "Guía de Peritos Xudiciais, Mediadores e Expertos Independentes 2026" da Unión Profesional de Galicia (UPdeG), celebrada na Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes en Santiago de Compostela.

Esta publicación reúne a máis de 2.700 profesionais de 46 colexios galegos, entre eles os peritos protésicos dentais, poñendo en valor a súa contribución á eficacia e á colaboración da Xustiza galega. A guía é unha ferramenta clave para facilitar o acceso dos tribunais a profesionais cualificados, mellorando a axilidade e a transparencia nos procesos xudiciais e prexudiciais. Un paso máis cara a unha Xustiza eficiente, colaborativa e próxima á cidadanía que desde COPRODEGA celebramos.

Como colexiado podes ser perito xurídico e intervir naqueles asuntos para os que os Xulgados requiran os coñecementos dun profesional da prótese dental ou cando o propio Colexio requira dun experto ante actuacións ou reclamacións internas. Se estás interesado en formar parte deste listado e realizar os informes retribuídos ante os Xulgados e Tribunais ou calquera outra administración que o requira, presenta a túa solicitude no Colexio.

O Salón Internacional de Equipos, Produtos e Servizos Dentais abre as súas portas en Madrid, converténdose un ano máis n...
11/03/2026

O Salón Internacional de Equipos, Produtos e Servizos Dentais abre as súas portas en Madrid, converténdose un ano máis no epicentro do sector dental nacional e internacional.

Expodental é a cita imprescindible para coñecer as últimas innovacións tecnolóxicas, dixitais e de deseño, nun espazo pensado para profesionais, empresas e universidades. Unha oportunidade única para ampliar contactos e descubrir novos provedores que desde COPRODEGA apoiamos porque impulsa o desenvolvemento, a calidade e a excelencia da nosa profesión.

Hoxe lembramos que o impulso, a precisión e a dedicación que marcan o noso traballo tamén teñen nome de muller. Desde CO...
08/03/2026

Hoxe lembramos que o impulso, a precisión e a dedicación que marcan o noso traballo tamén teñen nome de muller. Desde COPRODEGA afianzamos o noso compromiso coa formación para a redución da brecha salarial e laboral, recoñecemos e agradecemos o papel fundamental das protésicas dentais e seguimos loitando para construir unha profesión cada vez máis igualitaria e diversa.

Moitas veces non se percibe todo o que significa estar colexiado ata que algo sucede. A colexiación non é só un requisit...
23/02/2026

Moitas veces non se percibe todo o que significa estar colexiado ata que algo sucede. A colexiación non é só un requisito legal: é unha garantía de protección profesional e persoal. Co apoio do Colexio, non traballas só: traballas con seguridade, respaldo e confianza porque tes acceso a:

📌 Asesoramento xurídico profesional en materias xurídicas, fiscais, laborais e contables, tanto relacionadas coa túa actividade profesional como persoal.
📌 Seguro de responsabilidade civil profesional, que che ofrece cobertura fronte a posibles reclamacións pola túa actividade.
📌 Respaldo dunha institución que vela polos teus dereitos e te representa ante administracións e entidades sanitarias.

Os nosos colexiados/as poden acceder gratuitamente ao I Simposio Pericial de Union Profesional de Galicia (UPdeG), que n...
20/02/2026

Os nosos colexiados/as poden acceder gratuitamente ao I Simposio Pericial de Union Profesional de Galicia (UPdeG), que nace co obxectivo de destacar a importancia do traballo dos peritos profesionais, analizar o seu papel como peza esencial nos procesos xudiciais e debater sobre os novos retos do contexto dixital. ¡Actualiza coñecementos e continúamedrando profesionalmente!

👉 Máis información: [email protected]

Dirección

Hórreo, 7/1° D
Galicia
15702

Horario de Apertura

Lunes 09:00 - 14:00
17:00 - 19:00
Martes 09:00 - 14:00
17:00 - 19:00
Miércoles 09:00 - 14:00
17:00 - 19:00
Jueves 09:00 - 14:00
17:00 - 19:00
Viernes 09:00 - 14:00
17:00 - 19:00

Teléfono

+34981571017

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Coprodega publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contacto La Empresa

Enviar un mensaje a Coprodega:

Compartir