20/04/2026
📢 𝐏𝐚𝐝𝐫𝐨́𝐧 𝐢𝐦𝐩𝐮𝐥𝐬𝐚 𝐨 𝐞𝐦𝐩𝐫𝐞𝐠𝐨 𝐞 𝐚 𝐟𝐨𝐫𝐦𝐚𝐜𝐢𝐨́𝐧 𝐜𝐮𝐧 𝐨𝐛𝐫𝐚𝐝𝐨𝐢𝐫𝐨 𝐝𝐮𝐚𝐥
O Concello de Padrón acadou unha subvención para poñer en marcha o ✅ 𝐎𝐁𝐑𝐀𝐃𝐎𝐈𝐑𝐎 𝐃𝐔𝐀𝐋 𝐃𝐄 𝐄𝐌𝐏𝐑𝐄𝐆𝐎 𝐏𝐀𝐃𝐑𝐎́𝐍–𝐃𝐎𝐃𝐑𝐎 𝟐𝟎𝟐𝟔, financiado pola Xunta de Galicia con fondos do Servicio Público de Empleo Estatal SEPE.
Un programa dirixido a 👥 𝐩𝐞𝐫𝐬𝐨𝐚𝐬 𝐝𝐞𝐬𝐞𝐦𝐩𝐫𝐞𝐠𝐚𝐝𝐚𝐬 que ofrece formación e experiencia laboral real, combinando aprendizaxe teórica e práctica en contornas profesionais.
📌 𝐄𝐬𝐩𝐞𝐜𝐢𝐚𝐥𝐢𝐝𝐚𝐝𝐞𝐬 𝐪𝐮𝐞 𝐬𝐞 𝐨𝐟𝐞𝐫𝐭𝐚𝐫𝐚́𝐧:
🌱 AGAO0108: Actividades auxiliares en viveiros, xardíns e centros de xardinería.
🚧 EOCB0209: Operacións auxiliares de acabados ríxidos e urbanización.
𝐈𝐦𝐩𝐨𝐫𝐭𝐚𝐧𝐭𝐞❗
Recoméndase ás persoas interesadas 📝 𝐞𝐬𝐭𝐚𝐫 𝐢𝐧𝐬𝐜𝐫𝐢𝐭𝐚𝐬 𝐧𝐨 𝐒𝐞𝐫𝐯𝐢𝐳𝐨 𝐏𝐮́𝐛𝐥𝐢𝐜𝐨 𝐝𝐞 𝐄𝐦𝐩𝐫𝐞𝐠𝐨 nas ocupacións relacionadas con estes perfís para facilitar a súa participación no proceso de selección.
⏳ 𝐃𝐮𝐫𝐚𝐜𝐢𝐨́𝐧 𝐝𝐨 𝐨𝐛𝐫𝐚𝐝𝐨𝐢𝐫𝐨: 9 meses en modalidade dual.
🗓️ 𝐈𝐧𝐢𝐜𝐢𝐨 𝐩𝐫𝐞𝐯𝐢𝐬𝐭𝐨: 1 de xuño.
Unha oportunidade para mellorar a empregabilidade, adquirir competencias profesionais e sumar experiencia acreditable.
Nos vindeiros días publicaranse ℹ️ 𝐚𝐬 𝐛𝐚𝐬𝐞𝐬 𝐞 𝐭𝐨𝐝𝐚 𝐚 𝐢𝐧𝐟𝐨𝐫𝐦𝐚𝐜𝐢𝐨́𝐧 sobre o proceso de selección.