09/09/2026
✨ Hai eventos que comezan moito antes de abrir as portas.
En Ardora Comunicación levamos varios anos formando parte da organización da Semana Internacional Contract Galicia, unha iniciativa do Igape - Instituto Galego de Promoción Económica - que impulsa a internacionalización do tecido empresarial galego e a apertura a novos mercados. 🌍
🤝 A cita conecta empresas galegas vinculadas ao hábitat e ao canal contract con profesionais e prescritores internacionais, co obxectivo de favorecer relacións comerciais e novas vías de colaboración. Ao longo de varios días, o programa combina visitas, relatorios e reunións B2B.
📋 O noso labor comeza meses antes e abrangue todo o necesario para poñer en marcha cada edición: formularios e inscricións, elaboración e seguimento de axendas, contacto coas persoas participantes, coordinación con relatores e firmas galegas, xestión de viaxes, voos, traslados e aloxamento, catering, loxística e asistencia durante as xornadas, entre outras tarefas.
📸 Recuperamos algunhas imaxes da XV edición, celebrada en 2025, coa xornada central no Hotel Boutique NOA, en Santa Cruz (Oleiros), que reuniu representantes do tecido empresarial galego e participantes procedentes de distintos mercados.
💡 Detrás de cada visita, reunión ou xornada hai meses de planificación e moitas pezas que deben encaixar. En Ardora encargámonos de que todo funcione.
🔎 Podes coñecer máis sobre a Semana Internacional Contract Galicia e o sector contract na web do .