22/04/2024
Grazas infinitas a todas e todos os que renuncíachedes á tarde de praia e ao partido do Dépor para acompañarnos no Cine Alfonsetti coa presentación audiovisual de Betanzos Capital.
Estivemos moi ben arroupadas e foi un encontro ben bonito para poñer peche a estes meses tan intensos de edición e postprodución.
Como resultado os veciños e os visitantes de Betanzos poderán empaparse da historia sen excusas, accedendo a través dun QR aos vídeos ou a través da web www.betanzoscapital.gal
Para nós este proxecto é un exemplo de que se pode contar e transmitir a historia sen morrer de aburrimento.
GRAZAS:
Antía Goyane
Ángel Arcay
Elena Carro
Antonio González
América Díaz
Andrea Riveira
Sara Fraga
José Ángel Paz
Concello de Betanzos
Turismo77
Oficina Turismo de Betanzos
Coma Comuniación Creativa
Deputación de Coruña