TEC Planificación+Arquitectura

TEC Planificación+Arquitectura Servicios de urbanismo, arquitectura, diseño y construcción en Coruña y Sarria. Consulta con nosotros

Diseño de arquitectura, planificación y estrategias urbanas, desde la técnica y la participación ciudadana.

10/02/2026
Evasión e victoria...Xardineira experimental: Plantar arborado cando hai 2 redes de telecomunicacións, media tensión, ga...
13/12/2025

Evasión e victoria...
Xardineira experimental: Plantar arborado cando hai 2 redes de telecomunicacións, media tensión, gas, dous saneamentos... E ademáis con reutilización de augas e zona de descanso

Piscinas de A Madalena - Vilalba +
03/12/2025

Piscinas de A Madalena - Vilalba
+

Inda coa resaca das dúas intensas xornadas do foro A Crise Habitacional. Moito aprendido e moito que reflexionar. Seguir...
16/11/2025

Inda coa resaca das dúas intensas xornadas do foro A Crise Habitacional. Moito aprendido e moito que reflexionar. Seguiremos traballando para xerar espazos de encontro e conseguir desplegar sobre o noso territorio todas as ferramentas que fan falla para que todas teñamos acceso a unha vivenda digna.

Agradecer de novo a todas a que viñestedes e á Área de Dereitos Civís da , con Soledad Agra á fronte. Pero moi especialmente a todas as persoas que compartistedes o voso coñecemento e experiencia nas diferentes mesas de debate, un luxo!! Da gusto ver o potencial humano que temos!!
























coop








14/11/2025
A vindeira semana organizamos un foro de debate arredor da CRISE HABITACIONAL que está a atravesar a unha parte importan...
09/11/2025

A vindeira semana organizamos un foro de debate arredor da CRISE HABITACIONAL que está a atravesar a unha parte importante da poboación. Facémolo da man da Área de Dereitos Civís e Igualdade da Deputación da Coruña, coa intención de definir a problemática e as súas posibles solucións dende múltiples perspectivas, tanto estratéxicas como en accións políticas concretas a nivel local e supramunicipal.

A Deputación dá a oportunidade de ter este encontro co obxectivo de abrir un debate tan complexo á cidadanía, para poder abordalo colectivamente e dende unha perspectiva multidisciplinar, xerando un espazo de diálogo con axentes sociais e profesionais, tentando abrir o abano de opinións e dar voz a colectivos que en moitas ocasións quedan fora do debate.

Faranse un total de 6 mesas temáticas, cada unha cunha intervención e un espazo de debate, e contaremos coa participación de profesionais da talla de Ana Pardo de Pro Vivenda e a Rede galega contra a pobreza; María José Piñeira, xeógrafa da USC; de ; a arquitecta ; Yolanda Larrubia e Josep Borrell do ; de ; Directora Xeral de Vivenda do Goberno de Navarra; Ou Mikel Pau Casado e Antonio Reboredo, de . A todos eles agradecémoslle profundamente que compartan con nós o seu tempo, coñecemento e experiencia.

Animádevos a participar!!

Tedes toda a información e enlace de incrición en: www.crisehabitacionalcoruna.org

A vindeira semana a Deputación da Coruña organiza as xornadas "A CRISE HABITACIONAL", centradas no problema da vivenda c...
08/11/2025

A vindeira semana a Deputación da Coruña organiza as xornadas "A CRISE HABITACIONAL", centradas no problema da vivenda cun achegamento multidisciplinar e multisectorial.

Contaremos con Javier Buron Cuadrado, ELGA MOLINA, Ana Pardo Fernández, Josep Maria Borrell Bru, maria jose piñeira mantiñan, Mikel Pau C., yolanda larrubia garcia, Laura Pato, Alberte Mera García, Antonio Reboredo Raposo, e moitos máis!

+info: https://lnkd.in/d3TqWrbA
+inscripción: https://lnkd.in/ddCj_F8h

Un pouquiño de TEC Planificación+Arquitectura estivo no encontro da Red de Ciudades que Caminan a través do Concello de ...
19/10/2025

Un pouquiño de TEC Planificación+Arquitectura estivo no encontro da Red de Ciudades que Caminan a través do Concello de Carballo e as obras que os acompañaron, con algunha colaboración do noso despacho ☺️

Carballo estivo presente no XII Congreso da Rede de Cidades que Camiñan, que se celebrou de xoves a sábado en La Línea de la Concepción. Xunto co concelleiro de Mobilidade, Juan Seoane, e a representante do Concello de Carballo na xunta directiva da Rede de Cidades que Camiñan, Milagros Lantes, viaxou ata a localidade gaditana o concelleiro Daniel Barreiro.

Un dos actos centrais do congreso, cuxo lema foi “Caminando la frontera”, foi a entrega dos Premios Cidades que Camiñan: A Coruña, como cidade grande; Oviedo, como cidade amiga; Allariz e Astillero, na categoría de cidades pequenas; Chiclana e Oleiros, na de medianas (na que tamén fora premiada Carballo no ano 2018) e Grándola e Porto, en cidades portuguesas. Parabéns a todas!

Entre as numerosas e interesantes intervencións que puideron escoitarse estes días en La Línea incidiuse na estreita relación que existe entre a saúde e o espazo público, aspecto que centrou os relatorios do psiquiatra José Luis Marín, que analizou de que xeito o entorno urbano inflúe directamente na saúde mental, e da xeógrafa e experta en crianza Marta Román, que abordou a necesidade de devolver as rúas á rapazada como motor de cambio social.

O congreso rematou cunha marcha transfronteiriza entre La Línea e Gibraltar, símbolo do lema do congreso, da necesidade de buscar un espazo compartido e da unión entre territorios.

Primeira e intensa xornada nos Encontros Técnicos sobre Infraestruturas Verdes no Pazo de Mariñán, que rematou cunha mái...
15/10/2025

Primeira e intensa xornada nos Encontros Técnicos sobre Infraestruturas Verdes no Pazo de Mariñán, que rematou cunha máis que interesante conversa nos xardíns. 

Moitas gracias a todas/os participantes e poñentes polas vosas aportacións!! E vémonos o 21.

Lembrade que inda vos podedes anotar ás dúas sesións que quedan en www.etivcoruna.org

Encontro Técnicos de Infraestruturas Verdesetivcoruna.org
08/10/2025

Encontro Técnicos de Infraestruturas Verdes
etivcoruna.org

Dirección

Avenida Del Ejército 10
A Coruña
15006

Horario de Apertura

Lunes 09:30 - 17:00
Martes 09:30 - 17:00
Miércoles 09:30 - 17:00
Jueves 09:30 - 17:00
Viernes 09:30 - 17:00

Teléfono

+34881872767

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando TEC Planificación+Arquitectura publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contacto La Empresa

Enviar un mensaje a TEC Planificación+Arquitectura:

Compartir