Concello de San Sadurniño

  • Home
  • Concello de San Sadurniño
Call Directions Website
As entidades beneficiarias teñen ata o 30 de novembro para xustificar as axudas, salvo que soliciten -e se lles conceda-...
21/10/2026

As entidades beneficiarias teñen ata o 30 de novembro para xustificar as axudas, salvo que soliciten -e se lles conceda- unha prórroga doutros 50 días máis, que ha de estar debidamente xustificada.

Xeoparque Cabo Ortegal

O Concello de San Sadurniño acaba de resolver as convocatorias de subvencións destinadas a apoiar as actividades desenvolvidas durante este ano no ámbito da cultura e o deporte. As axudas chegarán a seis colectivos culturais e tres entidades deportivas, que recibirán un total de 24.332,28 euros...

Ter tres Flores de Honra de Vilas en Flor Galicia  sería iso, unha grande honra e motivo de fachenda para toda a veciñan...
20/10/2026

Ter tres Flores de Honra de Vilas en Flor Galicia sería iso, unha grande honra e motivo de fachenda para toda a veciñanza. Ter catro xa sería o máximo. Estaría ben, verdade?

Xeoparque Cabo Ortegal

O xurado de Vilas en Flor visitou esta mañá San Sadurniño para avaliar a candidatura presentada polo Concello nesta edición do certame, que recoñece o coidado dos espazos verdes, a súa integración na trama urbana e as políticas municipais de sustentabilidade. Ana Giraut e Francisco González...

Este xoves ao mediodía no local social do Chao de Lamas.
20/10/2026

Este xoves ao mediodía no local social do Chao de Lamas.

Iniciamos unha campaña informativa polas comarcas gandeiras para dar conta de como está o proceso de conformación da nova PAC 2028-2034 e as nosas propostas ao respecto.

Comezamos este xoves 22 de outubro ás 12h no Centro Social de Lamas en San Sadurniño.
Agardámosvos

Concello de San Sadurniño Deputación da Coruña

Hoxe tocou poda das nosas palmeiras, unha xoia botánica con máis dun século de vida que debemos ter ben coidadas por dúa...
19/10/2026

Hoxe tocou poda das nosas palmeiras, unha xoia botánica con máis dun século de vida que debemos ter ben coidadas por dúas razóns:

1º Por seguridade, xa que a caída dunha das súas follas pode mancar a calquera que estea paseando polos xardíns.

2º Por saúde da propia planta e para inspeccionar se está afectada polo temido picudo vermello, un escaravello que, cando ataca, significa unha morte case segura para a palmeira. De momento, todo ok. 🤞

(foto de móbil mellorada con IA)

A sesión terá unha parte práctica na que as persoas participantes no Chanfaina Lab poderán traballar co material gravado...
19/10/2026

A sesión terá unha parte práctica na que as persoas participantes no Chanfaina Lab poderán traballar co material gravado durante a fin de semana de rodaxes do encontro. O resto de asistentes disporá de imaxes facilitadas pola organización para realizar os exercicios.

As prazas son limitadas e cubriranse por orde de inscrición chamando aos teléfonos 680 389 054 ou 636 909 666.

E lembrade que o sábado prosegue en Naraío o Ciclo Mestre Mateo. Ás 19:30h poderemos ver, con entrada libre, o documental "Ao son da nova regueifa".

O XI Chanfaina Lab non para. Despois dunha intenso ciclo de proxeccións itinerantes polas parroquias -que prosegue agora por outros concellos- e dunha intensa fin de semana de gravacións en setembro, o encontro audiovisual tennos preparada unha nova proposta ben interesante. E é que o 30 de outub...

O local social de Naraío acolle neste momento a primeira actividade do programa “Enterrar o espírito da guerra e os disc...
17/10/2026

O local social de Naraío acolle neste momento a primeira actividade do programa “Enterrar o espírito da guerra e os discursos do odio”, unha iniciativa para recuperar a memoria das persoas de San Sadurniño que sufriron a represión franquista.

O historiador Henrique Sanfiz ofrece a charla “Os sucesos de Naraío”, que entre outras cuestións se centra no ataque da guerrilla antifranquista á central eléctrica de Riolimpo, en agosto de 1945, e nas represalias posteriores contra veciños da parroquia.

Un encontro para coñecer mellor a nosa historia recente, recuperar a memoria das vítimas e escoitar o que aínda queda por contar sobre aqueles anos.

Xeoparque Cabo Ortegal

Este sábado arranca a Superliga. Na súa volta á máxima categoría do vólei estatal, o Club Deportivo Aldebarán San Sadurn...
16/10/2026

Este sábado arranca a Superliga. Na súa volta á máxima categoría do vólei estatal, o Club Deportivo Aldebarán San Sadurniño recibe ao Teruel -19:30h- co firme obxectivo de non perdoar ningún punto na casa. Por iso tamén se lanza un chamamento para encher o Pavillón Municipal xa desde o primeiro día.

O Aldebarán-Intasa San Sadurniño regresa este sábado á Superliga Masculina, a máxima categoría do voleibol estatal, e farao diante da súa afección. O pavillón municipal acollerá ás 19:30 horas o encontro fronte ao Pamesa Teruel, correspondente á primeira xornada dunha competición na que...

O luns remata o prazo para que comprobes a túa inscrición no censo electoral de cara ás Eleccións Xerais do 29 de novemb...
16/10/2026

O luns remata o prazo para que comprobes a túa inscrición no censo electoral de cara ás Eleccións Xerais do 29 de novembro. Podes facelo durante a mañá no Rexistro Municipal, ou ben a través da web do INE con certificado electrónico.

Figurar no censo e que os datos sexan os correctos é fundamental para poder exercer o dereito ao voto e optar a formar parte das mesas.

16/10/2026
Hoxe ás 12:00h actívase o formulario de inscrición nas Xornadas Europeas de Patrimonio da Deputación da Coruña, que se d...
16/10/2026

Hoxe ás 12:00h actívase o formulario de inscrición nas Xornadas Europeas de Patrimonio da Deputación da Coruña, que se desenvolverán do 20 ao 25 de outubro e que, ademais, ofrecen dúas visitas guiadas ao Convento do Rosario na tarde do venres 23. Se che interesa calquera das actividades programadas, non te demores xa que as prazas son limitadas. Xeoparque Cabo Ortegal Cultura da Deputación da Coruña

Hoxe ábrense as inscricións para participar nas visitas guiadas das Xornadas Europeas do Patrimonio, organizadas pola Deputación da Coruña. Unhas xornadas que, por primeira vez, terán en San Sadurniño un dos seus puntos de referencia coa organización de dúas visitas guiadas ao Convento do Ro...

Address

Lugar Do Casal 16

15560

Opening Hours

Monday 08:30 - 14:30
Tuesday 08:30 - 14:30
Wednesday 08:30 - 14:30
Thursday 08:30 - 14:30
Friday 08:30 - 14:30

Telephone

+34981490027

Alerts

Be the first to know and let us send you an email when Concello de San Sadurniño posts news and promotions. Your email address will not be used for any other purpose, and you can unsubscribe at any time.

Shortcuts

  • Want your business to be the top-listed equipment service?

Share