29/10/2026
OS FONDOS GALEGOS, O PRATO FORTE DA SEMANA DE CINE SUBMARINO
(GAL) Este ano, a Semana de Cine Submarino Universidade de Vigo, que terá lugar o 3, 4 e 5 de novembro, vén chea de sorpresas e con contidos que non nos deixarán indiferentes. Ademais, a última xornada estará dedicada enteiramente aos fondos mariños galegos e poderemos asistir á estrea en exclusiva do documental “O bosque de carrumeiro”, unha viaxe submarina para descubrir a riqueza dunha das paisaxes somerxidas máis emblemáticas e importantes da nosa costa: o bosque de algas xigantes.
Un filme de Beiro, Jorge Martínez () e 13 Grados, que contou coa produción da Universidade de Vigo, e co que queremos compartir con todas vós as marabillas que agocha o mundo submarino que vive ao noso carón.
Para ir facendo boca, deixámosvos un avance do que poderemos ver. Unha peza coa que poñer en valor a personalidade da nosa contorna mariña e onde desfrutar da espectacularidade que ofrece a vida salvaxe sen movernos da butaca.
Non perdades a oportunidade de mergullarvos nas nosas augas. Agardámosvos no Auditorio García Barbón a próxima semana.
(ES) Este año, la Semana de Cine Submarino Universidad de Vigo, que tendrá lugar el 3, 4 y 5 de noviembre, viene llena de sorpresas y con contenidos que no nos dejarán indiferentes. Además, la última jornada estará dedicada enteramente a los fondos marinos gallegos y podremos asistir al estreno en exclusiva del documental “O bosque de carrumeiro”, un viaje submarino para descubrir la riqueza de uno de los paisajes sumergidos más emblemáticos e importantes de nuestra costa: el bosque de algas gigantes.
Un documental de Beiro, Jorge Martínez () y 13 Grados, que contó con la producción de la Universidad de Vigo, y con el que queremos compartir con todas vosotras las maravillas que esconde el mundo submarino que vive a nuestro lado.
Para ir abriendo boca, os dejamos un avance de lo que podremos ver. Una pieza con la que poner en valor la personalidad de nuestro entorno marino y donde disfrutar de la espectacularidad que ofrece la vida salvaje sin movernos de la butaca.
No os perdáis la oportunidad de bucear en nuestras aguas. Os esperamos en el Auditorio García Barbón la próxima semana.