Agapema

Agapema Asociación Galega do Profesorado de Educación Matemática

🔬🤖 A ciencia e a tecnoloxía danse cita en Ortigueira!O vindeiro 29 de maio de 2026 celebrarase a II Feira Científico-Tec...
22/05/2026

🔬🤖 A ciencia e a tecnoloxía danse cita en Ortigueira!

O vindeiro 29 de maio de 2026 celebrarase a II Feira Científico-Tecnolóxica do Ortegal, unha xornada chea de experimentos, innovación, creatividade e colaboración entre centros educativos e entidades da comarca.

📍 Claustro do Concello de Ortigueira
🕤 De 09:30 h a 14:00 h

Un encontro para descubrir, aprender e g***r da ciencia en comunidade! 🧪✨

🧠📚 Xa está aberta a convocatoria de Estalmat-Galicia 2026!Un programa pensado para descubrir e potenciar o talento matem...
09/05/2026

🧠📚 Xa está aberta a convocatoria de Estalmat-Galicia 2026!

Un programa pensado para descubrir e potenciar o talento matemático a través de sesións semanais, resolución de problemas e actividades especialmente deseñadas para alumnado con interese polas matemáticas.

O prazo de inscrición xa está aberto e toda a información pode consultarse na convocatoria oficial.

Lédeo en 👉 https://www.estalmatgalicia.com/curso-2026-27/convocatoria-2026

Convocatoria ESTALMAT-Galicia 2026 Instrucións para o día da proba Díptico da convocatoria   A convocatoria de ESTALMAT-Galicia 2026 está dirixida aos estudantes nacidos nos anos 2013 e 2014. Inscrición: 1. Datas de inscrición: do 12 ao 25 de maio de 2026, ambos inclusive. Excepcionalmente po...

Esta semana AGAPEMA celebra o día de Pi e o mes da Matemáticas con dous eventos, a Feira Matemática e Matemáticas na Rúa...
11/03/2026

Esta semana AGAPEMA celebra o día de Pi e o mes da Matemáticas con dous eventos, a Feira Matemática e Matemáticas na Rúa.

* FEIRA MATEMÁTICA
🧭 Palexco (A Coruña)
📅 Sábado 14 de marzo
⏰ De 11:00 a 20:00 horas

* MATEMÁTICAS NA RÚA
🧭 Praza Maior (Lugo)
📅 Domingo 15 de marzo
⏰ De 11:00 a 14:00 horas

📘📘Xa está dispoñible o número 16 da revista Gamma.Nesta edición celebramos os 25 anos de AGAPEMA e tamén os 25 anos do p...
25/02/2026

📘📘Xa está dispoñible o número 16 da revista Gamma.

Nesta edición celebramos os 25 anos de AGAPEMA e tamén os 25 anos do primeiro número da revista, botando unha dobre ollada ao pasado e ao futuro da educación matemática en Galicia. Un número que consolida a continuidade do proxecto e reforza o papel de Gamma como espazo de reflexión, divulgación e encontro profesional.

Podes lelo completo aquí:
👉 https://agapema.org/gamma/

Agardamos que o desfrutedes.

Gamma Gamma é a revista da nosa asociación, onde recollemos traballos/experiencias/investigación de interese para as e os docentes das matemáticas. DESCARGAR PDF GAMMA 16 Febreiro de 2026 Co número 16 de Gamma, a revista de AGAPEMA consolídase como unha presenza estable na vida profesional do ...

15/10/2025

📢📢📢Último día para que cubrades o formulario dos obradoiros e a cea. Mañá xa estará pechado, así que reservade 5 minutiños deste precioso mércores para facelo.

13/10/2025

📢📢 X Congreso de AGAPEMA 📢📢
Luns, un día. Martes, dous días. Mércores, que día? Mércores! O terceiro día!
🗓️O mércores remata o prazo para que cubrades o formulario (cos obradoiros e a cea) que recibistes por email 📧

11/10/2025

📢📢 Aviso para todas as persoas inscritas no Congreso: revisade o voso email.

📧 Acaba de enviarse un correo a todas as persoas inscritas. Leva:
➡ O programa completo con toda a información,
➡ A ligazón a un formulario no que tedes que indicar a que obradoiros preferides asistir e se ides ir á cea (xunto cos datos para facer o pago desta). Prazo límite para isto último: mércores 15.

📢 Compartimos o programa completo do X Congreso de Agapema, ampliado con cousiñas que precisaredes saber cando xa estead...
11/10/2025

📢 Compartimos o programa completo do X Congreso de Agapema, ampliado con cousiñas que precisaredes saber cando xa esteades alí, coma a aula na que se celebra cada relatorio ou os datos da wifi.

10/10/2025

📢📢 SÓ QUEDA 1 SEMANA
🗓️🗓️ É por iso que hoxe pechamos o prazo de inscricións.
‼️Estades nas últimas horas para apuntarvos ‼️

📢📢 Houbo unha pequena modificación no programa por cuestións organizativas: as comunicacións de Zoraida Barrientos e Ana...
08/10/2025

📢📢 Houbo unha pequena modificación no programa por cuestións organizativas: as comunicacións de Zoraida Barrientos e Ana Rodríguez intercambian os seus horarios.
Volvemos compartir o horario completo, xa con esta modificación.

Dirección

Rois
15911

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Agapema publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contacto La Empresa

Enviar un mensaje a Agapema:

Compartir