Medio Ambiente-Concello de Burela

Medio Ambiente-Concello de Burela Información de contacto, mapa y direcciones, formulario de contacto, horario de apertura, servicios, puntuaciones, fotos, videos y anuncios de Medio Ambiente-Concello de Burela, Praza da mariña nº 13 ( ANTIGO EDIFICIO DE CAPITANÍA MARÍTIMA ), Burela.

Consumir produtos de proximidade e tempada ten múltiples beneficios: maior frescura e sabor, maior valor nutricional, co...
31/01/2025

Consumir produtos de proximidade e tempada ten múltiples beneficios: maior frescura e sabor, maior valor nutricional, contribúe a unha dieta equilibrada, menor impacto ambiental e apoio aos agricultores e a economía local.

30/01/2025
Utilizar correctamente o contedor marrón está ao alcance de todas e todos. Recorda:-Nel depositamos os restos de comida:...
28/01/2025

Utilizar correctamente o contedor marrón está ao alcance de todas e todos. Recorda:
-Nel depositamos os restos de comida: froita, verdura, hortalizas, legumes, carne, peixe, marisco, espiñas e cunchas, pasta, arroz, cascas de ovos, froitos secos... e outros restos biodegradables.
-Os restos deberemos depositalos nunha bolsa biodegradable ou compostable, e deberá estar ben pechada.
-Non podemos depositar nel líquidos.
-O contedor marrón debe estar sempre pechado, polo que unha vez deposites a túa bolsa asegúrate de que quede ben pechado.

Se aínda non tes a túa chave ou tes algunha dúbida ao respecto pásate pola oficina de Gaia.

29/10/2024

♻️O Concello de Burela dá comezo á campaña "Reciclar ben non é un marrón", coa que pon a disposición da veciñanza o novo sistema de contedores marróns para a reciclaxe de residuos orgánicos.

🔗Será necesario inscribirse no servizo a través da seguinte ligazón: https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSd7FhsqgFhI9eG1QsbPpenOqu3OdSmWPY9f2tZNivznoYLreg/viewform

👉Nos días seguintes citarase ás persoas que se apunten no formulario para facerlles entrega das chaves necesarias para empregar o contedor. Tamén se informará da súa ubicación e normas de uso.

😃Grazas pola vosa participación!

16/10/2024

La previsión del Concello era iniciar esta expansión estos meses pero el alto nivel de impropios en los depósitos ya instalados obligó a retrasar la medida

O Concello de Burela acollerá o sábado 12 de outubro, no salón de conferencias, dúas charlas "Entender o océano" do surf...
10/10/2024

O Concello de Burela acollerá o sábado 12 de outubro, no salón de conferencias, dúas charlas "Entender o océano" do surfista e oceanógrafo Tony Butt. Ambas charlas enmarcadas no programa de sensibilización e acción ambiental Ondas Limpas, proxecto promovido conxuntamente polo Concello de Burela e o Burela surf Club, co financiamento do GALP A Mariña-Ortegal, a Xunta de Galicia e o FEMPA da Unión Europea.
A primeira charla, de nivel 2, será pola mañá de 11:00 a 13:00 h; pola tarde de 16:00 a 18:00 terá lugar a de nivel 3. En ambas Tonny Butt abordará cuestións relacionadas cos ventos, as mareas, as ondas e as prediccións meteorolóxicas, de cara á súa aplicación no surf e outras disciplinas. A inscrición na actividade poderá ser realizada en forms.gle/kZ7Yh97JZnPtUX44A (non é obrigatorio inscribirse)

O Concello de Burela acollerá esta fin de semana dous obradoiros de radio e fotografía no marco do proxecto Burela Alume...
10/10/2024

O Concello de Burela acollerá esta fin de semana dous obradoiros de radio e fotografía no marco do proxecto Burela Alumea, que conta co financiamento do GALP A Mariña-Ortegal, do FEMPA da Unión Europea e da Xunta de Galicia.
O primeiro obradoiro terá lugar o venres 11 de outubro ás 17:00 h na Casa da Xuventude. Nel as persoas participantes aprenderán a empregar os seus dispositivos co obxectivo de sacarlles o maior proveito posible. Tamén se lles ensinará a empregar equipamento profesional para obter imaxes e pezas de audio coas que retratar a cultura mariñeira de Burela.
O segundo obradoiro terá lugar o sábado 12 de outubro ás 17:00 h no local da asociación A Moncloa, e será de radio e foto participativa. Aprenderase a xerar contidos que se plasmarán posteriormente no molde do faro recuperado polo Concello.
As actividades son gratuítas, podes inscribirte no teléfono 627096062, non é obrigatorio inscribirse.

10/10/2024

🏄O Concello de Burela acollerá, no salón de conferencias, a charla ‘Entender o océano’ do surfista e oceanógrafo Tony Butt.

🌊Esta xornada, enmarcada no programa de sensibilización e acción ambiental Ondas Limpas, terá lugar este sábado, día 12 de outubro.

👉Haberá dúas quendas distintas, unha de nivel 2 de 11:00 a 13:00 da mañá e outra de nivel 3 de 16:00 a 18:00 da tarde. A inscrición na actividade poderá ser realizada na ligazón https://forms.gle/kZ7Yh97JZnPtUX44A

Na charla ‘Entender o océano’, Tony Butt explicará diversas cuestións relacionadas cos ventos, as mareas, as ondas e as prediccións meteorolóxicas, de cara á súa aplicación no surf e outras disciplinas.

Ondas limpas é un proxecto promovido conxuntamente polo Concello de Burela e o Burela Surf Club, co financiamento do GALP A Mariña-Ortegal, a Xunta de Galicia e o FEMPA da Unión Europea.

08/03/2024

La propuesta de Augas de Galicia a la alcaldesa es de una infraestructura de 8,7 millones de euros que comenzará a ejecutarse en pocos meses y que tendrá un plazo total de ejecución de quince

06/03/2024

Os proxectos, á espera da súa avaliación, teñen os títulos de ‘Burela alumea - O espello do Faro’ e ‘Ondas limpas - Programa de sensibilización e acción ambiental na contorna da Marosa’ Burela, 5 de marzo de 2024. O Concello de Burela presentou dous proxectos ao programa de axudas do ...

Dirección

Praza Da Mariña Nº 13 ( ANTIGO EDIFICIO DE CAPITANÍA MARÍTIMA )
Burela
27880

Teléfono

982580867

Página web

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Medio Ambiente-Concello de Burela publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Compartir